A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño fai unha aposta decidida polo teatro na súa Axenda Cultural de Outono. Oito obras teatrais subirán a escena nos meses de outubro e novembro, a razón dunha por fin de semana. A maioría das propostas son para todo público e a un prezo simbólico de 3 euros para as persoas adultas, mentres que os nenos e nenas, non teñen que pagar nada.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que a intención do goberno local é a de “chegar ao maior número de persoas; de alí a eleccións das obras, e ao mesmo tempo, fomentar a igualdade, a tolerancia, a imaxinación e os valores en xeral”.
Abre o ciclo, o domingo 7 de outubro, no auditorio de Goián, a produción de Redrum Teatro “Roedores”; un espectáculo familiar que conta a historia dun hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade.
Seguiralle o sábado 13 de outubro, “Senior”, de Culturactiva SCG, cos actores Luís Iglesia e Marcos Orsi coma protagonistas.
O domingo 21 de outubro, a Agrupación de Teatro de Pontevedra, achegarase até o Mercado Municipal, para levar á escena, de balde, a obra “As fedellas Purpurina e Brillantina”, para público infantil e familiar.
O 27 Cándido Pazó traerá até o auditorio goianés “Historias que veñen e van”, un espectáculo de Contraproducións, con “contos, comedias e outras lerias”. O domingo 4 de novembro, o auditorio de Goián acollerá a obra “Aire”, de María Fumaça, un proxecto musical que invita ao público a viaxar na locomotora da alegría. Será ás 18.00 horas.
O domingo 11 de novembro, Matrioshka Teatro, presentará no auditorio “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, un percorrido pola vida da escritora María Victoria Moreno. Ás 18.00 horas e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
“Os fillos do Sol”, unha “elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal”, de Contraproducións, chegará o sábado 17 de novembro, ás 22.00 horas, no auditorio de Goián e para maiores de 12 anos.
A coprodución de A Panadería e o Centro Dramático Galego “Elisa e Marcela”, pechará o ciclo de teatro de outono, dando paso á programación de Nadal. Trátase dunha obra na que non faltan o humor, a música e o traballo de actor e actriz, desafiando as regras da igualdade de xénero nunha época no que non estaba permitido o amor nin o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
Na axenda de outono tamén teñen cabida outras actividades, dirixidas á mocidade e ás persoas maiores, coma un obradoiro de arquitectura práctica para non profesionais (grupo de adultos e infantil), ou unha charla sobre trastornos depresivos e ansiedade, de balde.
Esta charla vai destinada principalmente a persoas maiores, coidadores e familias, aínda que a participación está aberta a toda a veciñanza. O seu obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a importancia dos hábitos de vida saudables e fomentar a saúde física e psíquica, tanto na mocidade, como nas persoas dependentes e nos seus coidadores ou coidadoras. Haberá tamén un curso de Tai-Chi e un “faladoiro de inglés”.
Toda a información pode atoparse na páxina web do Concello, ou ben, en formato papel, no propio Concello ou no mercado municipal; na OMIX, etc.
Vuelve una de las fiestas gastronómicas más especiales y todavía menos conocidas de Vigo. Un protagonista otoñal y muchas recetas diferentes
Vigo ya puede visitar uno de los barcos más importantes de la humanidad. La asombrosa Nao Santa María ya está en la ciudad
Los estudiantes de cocina en Vigo elaborarán un menú con los sabores del otoño. Así serán estas Xornadas Gastronómicas de Caza
Vuelve el tradicional Rastrillo Solidario contra el cáncer en Vigo. Con precios desde 1 euro, es la opción ideal para encontrar tesoros y colaborar
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL