Pazos de Borbén organiza a súa Semana da Ciencia en Galego

Publicidad

Pazos de Borbén acollerá por primeira vez a súa primeira edición da Semana da Ciencia en Galego. A iniciativa terá lugar do 24 ao 26 de este mes na Biblioteca Municipal e contará con dous talleres adicados a despertar o interese pola ciencia nos asistentes e a normalizar a divulgación científica en lingua galega.

A primeira das iniciativas, un obradoiro de creatividade científica, terá ós alumnos do CPI Curros Enríquez como protagonistas. Durante 90 minutos, os pequenos terán que usar a súa imaxinación e os seus coñecementos para resolver diversos enigmas científicos, moitos deles de especial relevancia na vida diaria dos pequenos.

A segunda actividade, o museo itinerante titulado "prohibido non tocar", conta con máis de 70 obxectos que serán explicados por un equipo de científicos. Todas as explicacións son guiadas e de carácter lúdico e afondan en aspectos como as propiedades dos líquidos e gases, os efectos ópticos, a electricidade ou o magnetismo.

As actividades realizaranse polo equipo de Ciencia en Movemento. Unha iniciativa de varios científicos interesados en promover a cultura científica entre os estudantes dunha forma atractiva, interactiva e práctica. A proposte conta co apoio do Concello de Pazos de Borbén, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e Abanca.

Salir de la versión móvil