Tomiño prepárase para conmemorar un ano máis por todo o alto o Día de Rosalía. O Concello prepara para o vindeiro 23 de febreiro, data do nacemento da escritora, unha morea de actividades abertas a todos os públicos que busca achegar á veciñanza a vida, a obra e a historia da escritora galega máis universal.
Para conmemorar esta data, o Concello vai difundir nas redes sociais e na web municipal un vídeo realizado polo grupo de voluntariado coa lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega escrito por Carlos Callón. Un vídeo editado por Isaac Tafuca que "recollerá o amor de Rosalía pola patria galega e o devir dunha moza de pouco máis de 20 anos que hai século e medio coas súas verbas mudou a historia", detacan.
A actividade cultural continuará esa mesma tarde no Mercado Municipal de Tomiño, no que a partir das 19:00 horas o grupo Saraghallada lerá poemas musicalizados de Rosalía de Castro nunha actuación de balde aberta a todos os públicos. Será durante o encontro cando se repartan as bolsas de tea coa imaxe gañadora do concurso de deseño organizado polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía. Unha creación inspirada na propia autora ou na súa obra que permitirá ao seu autor ou autora gañar 100 euros para gastar na libraría tomiñesa que escolla.
Un ano máis, o Concello, mecenas da Casa de Rosalía de Castro, repartirá exemplares dos manteis de ‘Caldo de Gloria’ entre os comedores dos centros educativos. Os bares e restaurantes tomiñeses ou os veciños e veciñas que desexen contar con eles poden solicitalos e recollelos nas Oficinas Xerais da Casa Consistorial. Trátase dunha iniciativa inspirada no poema ‘Miña casiña, meu lar’ na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que relata a épica diaria da supervivencia.
Por outra banda, durante todo o venres 23 as librerías tomiñesas ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros escritos por Rosalía ou aqueles publicados sobre a autora.
Una gran fiesta de Pre Fin de Año reunirá a seis djs, a los cantantes de la Panorama y a la Olympus. ¡Descubre aquí dónde y cuándo!
El próximo 29 de noviembre arranca la Navidad en Valença y ofrece de todo. Chocolate, mercado, photocalls, música y hasta un parque temático cerca de Galicia
Broken Peach presenta hoy mismo su "Christmas Special" en Vigo. Pero ha anunciado más fechas para disfrutar de su gran show
Un día, una hora y una aventura. Esta es la experiencia que propone un cine de Vigo para encontrar el amor en el séptimo arte
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL