O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Educación celebran un ano máis o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, escritora, poeta e referente absoluta da cultura galega.
A efeméride celebrase colaborando o Concello do Porriño coa actividade impulsada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.
O acto, no que participarán máis de 300 escolares, levarase a cabo o venres 23 de febreiro, na praza do Cristo, onde se instalará unha gran carpa por se chove. O evento estará amenizado polo músico e cantautor Antón Ke.
Esta cita na que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro arrancará ás 10:35 horas coa presentación da actividade seguida da lectura de manifestos e dos recitais poéticos dos centros. Ás 11:50 horas “Laura: Canta Alborada?” e Caldo de Gloria. Ás 12:00 horas presentarase a campaña de dinamización “Aquí tamén se fala” e de seguido comezará a degustación do Caldo de Gloria.