Poetarras e Kaixo inauguran o festival solidario Miña Terra en Vigo

Publicidad

“Facémolo porque deunos o que vimos e queremos axudar da mellor maneira posible”, así explicaba Miguel González á Metropolitano.gal a posta en marcha do Festival Solidario Miña Terra que fará soar a música para recadar fondos tras a vaga de lumes do domingo negro.

No concerto inaugural deste sábado, 28 de outubro, buscouse ofrecer “música variada e para todos os gustos” co gallo de que se achegue o maior número de xente. Na cita colabora tamén La Fabrica de Cholocate que cede as súas instalacións para permitir que esta iniciativa se faga realidade.

A noite arrancará co vigués Kaixo. Para quen non o coñeza é un representante do chamado newpunk, unha mestura que conxuga a atmósfera trap coa electrónica.

 

Nesta primeira cita, que se repetirá cada fin de semana até o 26 de novembro, subirán tamén ao escenario Os Poetarras e os seus temas críticos, pero tamén cómicos. Ademais da súa actuación no Nos Seus Pés, o Miña Terra será un dos únicos festivais nos que poder desfrutar da retranca e a música “poetarra” despois da súa despedida dos escenarios o pasado mes de xuño.

A cita que arrancará ás 21:30 horas, rematará coa mellor selección musical de DJ Abelo Valis. O prezo da entrada é de 5€ e serán doados integramente a protectora de animais Bai Sen Pulgas e a Comunidade de Montes de Coruxo. As entradas deberán adquirirse no despacho de billetes en La Fábrica de Chocolate.

Salir de la versión móvil