Ponteareas celebra a súa "Troulada de Verán"

Publicidad

A concellería de Comercio, que dirixe Inés Vidal, convida á veciñanza e a xente de outros puntos da provincia á segunda Troulada de Verán organizada por Banastra co apoio da Xunta e do concello de Ponteareas. A cita será este sábado 30 de xuño a partir das 21:00 horas.

Esta troulada que arranca dende o Paseo Matutino viaxará rumbo á Avenida da Constitución, rúa Oriente, Praza Maior, rúa Arxentina, rúa Doutor Fernández de la Vega, rúa Estrada, Morales Hidalgo para finalizar na Praza Bugallal.

Ás 21:30 horas actuará na Praza Bugallal o transformista Humberto Longueira “A Rianxeira” e ás 22:00 horas nesta mesma praza comezará a actuación de Edi FM coa Space Music.

A organización repartirá entre as comparsas participantes un agasallo en metálico e sorteará 500 euros entre todos os adultos que vaian disfrazados. Os números para este sorteo serán entregados na Praza Bugallal a partir das 21:30 horas.

Ademais, celebrarase un sorteo infantil entre todos os cativos e cativas que vaian disfrazados que poderán optar a un patinete eléctrico, unha tablet ou un altavoz-karaoke tras ter retirado o número na Praza Bugallal a partir das 21:30 horas.

Os sorteos, que serán presenciais, terán lugar en distintos horarios, o de adultos dez minutos antes do remate da troulada marcado para as dúas da mañá e o infantil ás doce da noite.

A concellería de Comercio felicita á organización por esta iniciativa que na súa primeira edición foi todo un éxito. “Dar a coñecer o comercio e a hostalería de Ponteareas, achegalo á cidadanía, facer que toda a sociedade colabore e que atopen en Ponteareas un lugar donde desenvolver as súas actividades diarias de lecer, de compras, de estudos… en definitiva facer unha vila na que vivir”, explica Inés Vidal.

A organización convida a todas as familias a gozar dunha actividade lúdica divertida e agarda que esta nova edición sexa igual ou mellor que a anterior.

Salir de la versión móvil