O vindeiro domingo, 6 de agosto, a praza do Bugallal, en Ponteareas, acollerá a I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado.
Nesta primeira edición, o público poderá desfrutar dunha concentración exposición que se abrirá ás dez horas para dar comezo á ruta pola comarca do Condado chegando a Paradanta donde efectuarán unha parada na Cañiza arredor das doce e media.
Esta primeira edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado visitará o Castelo de Vilasobroso, onde farán unha parada para o xantar, e Mondariz Balneario ás 16:15 horas para lucir o seu esplendor diante dos xardíns do Gran Hotel.
Ás 20:00 horas pecharán esta primeira edición de novo na ponteareá Praza de Bugallal cun pincho e un viño. Ademáis, durante a tarde haberá un pulpeiro e un servizo de bar amenizado por unha sesión DJ. Os máis pequenos terán inchables na Praza Bugallal.
Vehículos históricos, e feira de Oportunidades
A I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado coincidirá coa Feira de Oportunidades que organiza a Asociación Comerciantes Tea os días 5 e 6 nas rúas Esperanza e Oriente. Deste xeito prográmase unha fin de semana con atractivos para toda a familia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de agosto e tódolos interesados poden inscribirse e informarse no enderezo electrónico clubclasicoscondado@outlook.es ou no teléfono 649 43 63 28 (José Manuel Gómez) O prezo da inscrición é de dez euros e de vinte euros por persoa coa comida incluída.