O vindeiro domingo, 6 de agosto, a praza do Bugallal, en Ponteareas, acollerá a I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado.
Nesta primeira edición, o público poderá desfrutar dunha concentración exposición que se abrirá ás dez horas para dar comezo á ruta pola comarca do Condado chegando a Paradanta donde efectuarán unha parada na Cañiza arredor das doce e media.
Esta primeira edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado visitará o Castelo de Vilasobroso, onde farán unha parada para o xantar, e Mondariz Balneario ás 16:15 horas para lucir o seu esplendor diante dos xardíns do Gran Hotel.
Ás 20:00 horas pecharán esta primeira edición de novo na ponteareá Praza de Bugallal cun pincho e un viño. Ademáis, durante a tarde haberá un pulpeiro e un servizo de bar amenizado por unha sesión DJ. Os máis pequenos terán inchables na Praza Bugallal.
A I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado coincidirá coa Feira de Oportunidades que organiza a Asociación Comerciantes Tea os días 5 e 6 nas rúas Esperanza e Oriente. Deste xeito prográmase unha fin de semana con atractivos para toda a familia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de agosto e tódolos interesados poden inscribirse e informarse no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 649 43 63 28 (José Manuel Gómez) O prezo da inscrición é de dez euros e de vinte euros por persoa coa comida incluída.
Vigo acogerá un mercadillo vintage solo durante un día. Se podrán encontrar muebles retro, moda vintage y otras piezas
Mos calienta motores para la Festa da Rosa y continúa desvelando novedades. Arrancará con el lanzamiento del cohete y una gran orquesta
"Lo vamos a ver entre cervezas, amplios, guitarras", señala un local de Churruca, que propone esta propuesta para ver el Mundial en Vigo
El Pazo de Mos acoge el concurso "Premio Estrellas de la Panadería Española 2026". ¿Está una receta del área de Vigo entre las mejores?
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL