A concellería de Cultura e Turismo e o centro cultural de Celeiros presentan a terceira edición do Carballeira Rock. A cita coa música rock será este venres 6 de xullo a partir das 22:00 horas, cita organizada polo Centro Cultural de Celeiros.
School, Gravesen, Beathos e Rabuda son os catro grupos que actuarán na carballeira do barrio de Requeixo.
A concelleira Hortensia Bautista informa de que a organización dispón dun amplo aparcamento totalmente de balde e convida a toda a veciñanza a gozar da música rock coa entrada gratuíta.
Os e as organizadoras agradecen a colaboración do concello e das casas comerciais que dan posible este festival así como da veciñanza que xa traballa e colabora para que esta edición sexa aínda mellor.
Na carballeira haberá servizo de bar e ofrecerán bocadillos e hamburguesas para que todas as familias poidan bailar a ritmo de rock e cear entre amigos.