Ponteareas repetirá novamente a iniciativa que leva máis de 90 microconcertos aos bares da vila

Publicidad

A Concellería de Comercio, Hostalería e Consumo do Concello de Ponteareas repetirá novamente nos vindeiros meses a iniciativa de microconcertos levada a cabo en vinte establecementos da vila esta pasada fin de semana.

Segundo a concelleira Inés Vidal, “tanto os locais participantes como a clientela fíxonos chegar os seus parabéns e agradecementos por esta ocasión única de escoitar música tocada á banda en directo”. Por isto, agradece á clientela, os hostaleiros e a Banda Xuvenil de Xinzo que todo “fora todo un éxito” e asegura que “o pentagrama musical volverá á hostalería da cidade nos vindeiros meses”.


Pode interesarche: Seis rutas de balde para celebrar o Día Internacional o Guía Turístico


O 1º Pentagrama musical congregou a visitantes e clientela habitual que non dubidaron en salientar a orixinalidade da idea e a súa satisfacción pola oportunidade de escoitar música en directo. En total, noventa microconcertos de quince minutos encheron de notas musicais de moi variados estilos os vinte bares que participaron na iniciativa.

Segundo apunta o Concello de Ponteareas, esta iniciativa ten un dobre obxectivo, dinamizar a hostalería ofrecendo novos servizos á clientela e promocionar aos músicos das bandas locais e do conservatorio.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil