Praia América convértese en Ibiza

Publicidad

O Concello de Nigrán organiza este sábado 15 de xullo por primeira vez na comarca a 'Midnight Nigrán Paint Party' ou Festival da Pintura, unha proposta de ocio destinada ao público xuvenil e animado. Trátase dun evento con un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combinará durante todo o día a música electrónica en directo con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais e animación.

O evento, que terá sesión infantil de 12:00 a 15:00 horas e para maiores de 16 anos de 15:00 a 23:00 horas, está previsto para preto de 3.000 persoas e terá lugar na zona de aparcamento de Praia América-Lourido.

A 'Midnight Nigrán Paint Party' é unha experiencia completa onde o público, ademais de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, bailará con Dj's nacionais e internacionais de primeiro nivel, gozará de actuacións en directo nun día na que a pintura será a gran protagonista. Ademais, preto do escenario principal haberá oito canóns, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

Que é a 'Midnight Nigrán Paint Party'?

A marca 'Midnight' é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno", engade André Vázquez dende a organización.

¿Cómo asistir á 'Midnight Nigrán Paint Party'?

O evento está destinado a un público familiar de 12:00 a 15:00 horas (nesta franxa horaria poden desfrutar os menores de 16 anos) e para os maiores de 16 anos de 15:00 a 23:00 horas, debendo presentar os menores de idade unha autorización dos pais ou titores que se pode descargar do Facebook do festival. As entradas están á venda dende 5 e 10 euros

Salir de la versión móvil