A programación arrincará o vindeiro sábado 27 de marzo e prolongarase ata o 1 de maio cun total seis representacións e cuxas entradas pódense adquirir a través do despacho de billetes electrónico que Gondomar estrea esta temporada (premer aquí) para garantir total seguridade no cumprimento da normativa covid19 e facilitar o acceso ás entradas. Desta maneira facilitarase a adquisición de entradas de forma telemática evitando o uso de papel e empregando un código QR que servirá para acceder ao teatro o día da función. O prezo oscilará entre os 2,5 euros (espectáculos familiares) e os 3,5 euros (teatro para adultos) e poderán retirarse para calquera das seis obras previstas na programación.
O espectáculo familiar ¡Ciencia que alimenta! de Compañía Rota e Descosida dará o pistoletazo inicial á programación teatral de primavera en Gondomar este sábado 27 de marzo ás 18.00 horas da tarde, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro. A ela sumaranse “O Mel non caduca” de Iboprufeno Teatro (03 de abril); “Despois das ondas” de ButacaZero (10 de abril); “Italiano Grand Hotel” de Cia La Tal; “Zampalibros" de Sarao Animación (24 de abril); e, “Pyka” de Cinema Sticado (01 de maio).
“Buscouse unha programación pensada para todos os públicos, para familias e para adultos, nun apoio claro que desde un principio tivo este concello co mundo da cultura e todos os seus integrantes ante as consecuencias xeradas pola Covid19 neste sector”, manifesta o alcalde Paco Ferreira, quen subliña que “son miles os empregos que xera anualmente e debemos estar ao seu lado, na medida do posible, porque a cultura é segura”.
¡Ciencia que alimenta! con Carlos Godoy e Cecilia Vázquez sobre o escenario, levantará o pano da programación teatral de primavera en Gondomar o próximo sábado. Sobre as táboas do Auditorio Municipal Lois Tobío os artistas demostrarán ao público que a ciencia non entende de xéneros e que está ao alcance todas e todos.
As entradas xa están á venda (2,5 euros) no despacho de billetes electrónico (premer aquí) leva activo dende o pasado martes e no que tamén se poderán consultar o resto de representacións, os seus horarios e adquirir as entradas se así se quere.
La artista argentina que triunfa entre los más pequeños llegará al Auditorio Mar de Vigo con su nuevo show, para el que quedan pocas entradas
Tomiño programa varias actividades para esta semana de verano. Desde una ruta cultural a una sesión de cuentacuentos
Salsa, mambo, cumbia, merengue, reggaeton, nadie podrá salvarse de bailar en Tomiño. Goián promete una Festa Latina épica
Un estudio de tatuajes de Vigo celebra todo un fiestón con buen ambiente y precios especiales. Así es esta llamativa propuesta
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL