As artes locais únense este venres 9 de novembro por unha boa causa. Máis de 50 personaxes do mundo da música, as letras, a ilustración e moito máis unirán os seus talentos no Qué Onda! Fest, un evento benéfico que nace este venres 9 de novembro na cidade para axudar á protectora de animais Proyecto Gato.
O programa promete. Haberá de todo. Dende un posto de mercadorías exóticas que inclúen ilustracións, adhesivos ou chapas ata as propostas musicais de Cougar, Nogato ou a Orquesta Nerverloura.
Este festival solidario celebrarase dende as 22:00 horas en La Fábrica de Chocolate. O prezo da entrada anticipada é de 5 euros (podes mercala na web de Woutick) ou por 7 euros na taquilla da sala ubicada en Rogelio Abalde.
O Qué Onda! Fest contará, como dicimos, cun merchandising e cun fanzine co que poderás levar a casa o talento dos artistas que quixeron sumarse á causa de Proyecto Gato, a protectora de animais que tenta que os gatos teñan un fogar.
Coñece aos grupos que actuarán no Qué Onda! Fest
Nogato proceden de Madrid e defínense como algo similar a un emo punk con toques post-hardcore. Serán unha das bandas que abra este evento benéfico que comezará ás 21:00 horas deste venres.
Por outra banda, a Orquesta Neverloura defínense como a "orquesta favorita dos nenos". Son ambiciosos. Sinalan que chegan "máis duros, máis rapidos e máis fortes". A frase que acompaña a súa imaxe corporativa é toda unha declaración de intencións. "O pesadelo da Panorama" A súa proposta musical terá un importante protagonismo nesta primeira edición do evento.
O outro conxunto que porá música ao evento solidario será Cougar. Ao igual que Nogato, defínense como un conxuo emo e punk. Será unha boa oportunidade para asistir o directo desta banda que compoñen Dani, Calle, Juan e Fer.