O XXIV Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo é moito máis ca un Festival, xa que pretende poñer en valor o Teatro como punto de encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva. Redondela xa está no mapa dos grandes Festivais de Títeres de Europa, converténdose nunha necesidade vital e social, un lecer intelixente e enriquecedor que cre na arte do Teatro como ferramenta de cohesión social, achegando ao cidadán/á ao mundo do Teatro e propoñendo unha experiencia para o espectador ou espectadora.
Os organizadores do evento agradecen ao público a súa teima e interese que ano a ano fai do Festival unha festa interxeneracional, e por suposto tamén agradece a todo o equipo humano de Xente Titiriteira: colaboradores/as , voluntarios/as e institucións que levan 24 anos traballando e apostando por un festival que deixe pegada na alma de todo un pobo.
Esta edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela promete ser unha experiencia para novos espectadores e espectadoras. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas. Serán 27 compañías convidadas, nove escenarios e máis de 70 representacións ao longo do Festival, que a día de hoxe é un dos máis punteros do país, poñendo a Redondela no mapa dos máis importantes Festivais do seu sector xunto con Segovia, Mallorca ou Lleida. Podes consultar a programación completa do evento neste ligazón (premer aquí).
Exposición “40 anos de Trécola”
Marionetas Trécola fórmase como compañía profesional no ano 1981, da man de Fernanda Cabrera Varela e Rafael Vázquez Núñez, recuperando a tradición dos títeres e marionetas de fíos para Galicia. A partires do ano 2006, Ero Vázquez Cabrera faise cargo da compañía xunto a Isa García Coldeira renacendo con novos proxectos sen esquecer as creacións xa existentes.
Marionetas Trécola celebra o seu 40 aniversario e continúa coa súa esencia baseada nunha continua labor de creación, experimentación e produción de taller, con medios propios e unha clara filosofía de autoxestión. Ademais a compañía tamén actuará o día 17 co seu espectaculo “Tolitates” na Alameda. Os escaparates participantes son Copy Redondela, La Nube, Café da Vila, Pastelería Filo, Fotografía & Audiovisual Cal-3, Barbería Juan Crespo, Tien-21, Librería La Imprenta e DiscoTasca. Instalación especial no antigo Kiosko Cocó.
Sala FIT-2023
Nesta edición a programación de sala é unha selección de propostas orixinais, entre as que podemos destacar a Compañía Javier Aranda que presentará a súa obra "Vida" cunha linguaxe fresca e orixinal nunha función que nos fala da paso do tempo e o ciclo da vida. Destacar tamén a presenza de Bob Teatre, compañía francesa que tras actuar en Titirimundi dirixirase a Redondela co seu famoso espectáculo titulado "Nosferatu", así como as compañías Periferia Teatro, Jordi Bertrán ou Ymedioteatro.
Rúa FIT-2023
As actuacions de rúa e o ambiente é un dos atractivos deste Festival que trae no seu programa dende os mestres titiriteiros de Plansjet procendentes de Bélxica cos seus instrumenos musicais, a propostas clásicas de títeres de luva como “Garbancito en la Barriga del buey” de la compañia andaluza La Gotera de Lazotea ou espectáculos itinerantes de gran formato como “Pakostean” de la compañía catalana Los Discípulos de Morales, sen esquecer o espacio dedicado a os xogos na Pista da Xunqueira ou o Mercadilo Titiriteiro na Alameda.
Historia do festival
A finais dos anos 90 Juanjo Amoedo, como presidente da Asociación Veciñal de Redondela, iniciou os primeiros trámites necesarios para celebrar o primeiro Festival Internacional de Títeres de Redondela pero un lamentable accidente truncou os seus desexos. Tras a súa morte, diferentes colectivos da vila xuntáronse e decidiron continuar coa idea inicial de Juanjo e fundaron a Asociación Xente Titiriteira co único obxectivo de celebrar un Festival de Títeres en memoria de Juanjo Amoedo. Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo é o reflexo do esforzo colectivo dun pobo por difundir e gozar do Teatro de Títeres.