Retranca e feminismo únense no concerto gratuíto de De Vacas no Porriño polas Letras Galegas

Publicidad

Concerto de balde para festexar as Letras Galegas no Porriño. O concello da comarca da Louriña, xunto coa Deputación de Pontevedra, ofrecen o directo do grupo De Vacas para conmemorar o día da literatura galega o vindeiro venres 17 de maio ás 21:00 horas na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

O cuarteto presentará o seu novo espectáculo “Rebovina Divas Live”, unha homenaxe ás mulleres, que coa súa música, acompañaron ás compoñentes de De Vacas ó longo da súa vida, incluídas as divas do pop Whitney Houston, Céline Dion, Mónica Naranjo, Beyoncé, entre outras.

De Vacas está formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia), compoñente do desaparecido “Berrugüetto”. O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido, poñendo en valor o feminismo, o ecoloxismo e a poesía. Algunhas das súas versións máis coñecidas son “Amodiño”, cover do “Despacito” de Luis Fonsi; ou “Peixería Chanel”, a súa interpretación en galego de “SloMo”, da eurovisiva Chanel.

Concerto de De Vacas en O Porriño

Salir de la versión móvil