Retranca e humor en Tui para non deixar de “Falar sen cancelas”

Publicidad

Falar. Dialogar. Latricar. Laretar. Baballar. Esbardallar. Falar sen cancelas. Falar polos cóbados. Falar os sete falares. Falar polas orellas. En Galicia temos mil e unha palabras e ditos para representar o que máis nos gusta, o feito de “non calar nin debaixo da auga”. A conversa vai impresa no noso ADN é isto é o que representa a obra de Culturactiva que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui.

“Somos un pobo de contos, de lendas, de relatos. Sabemos falar. E cando falamos, falamos ben”, explican dende “Falar sen cancelas”. Da man de Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz os asistentes poderán desfrutar de 75 minutos de humor e gags e xogos de improvisación“ nun lugar en que cada palabra conta, ás veces por dúas, no que o duplo significado abrolla en cada xiro da lingua e a retranca fai rimar humor con historia cada vez que alguén abre a boca”.

O espectáculo parte da descuberta dun andazo que está acabando coa galeguidade. Os tres humoristas foron atacados por este estraño virus, que fai que non poidan falar galego en público... pero non son capaces de quedar cruzados de brazos perante semellante problema, e buscan unha solución. Os acontecementos van desembocando nun aloucado espectáculo cheo de retranca, improvisación e reflexións cómicas sobre a galeguidade.

En definitiva, “Falar sen cancelas”, dirixida por Diego Rei, é unha proposta de hora e media de humor sobre a galeguidade, a lingua, as nosas costumes e ritos. As entradas están á venda en www.culturatui.info até o venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes. Prezos: 6€ e 4,5€.

Ficha técnica:

  • Prezo:  4,5-6€
  • Data: Venres, 2 de marzo | 21:30 horas
  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Idioma: Galego
  • Duración: 75 minutos
  • Púbico: +18 anos
  • Xénero: comedia, clown e improvisación
MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil