O camiño de Sabela cara OT comezou en Vigo e na cidade olívica tamén dará os primeiros pasos do seu novo disco, “Despedida”. A galega, finalista da última edición do “talent show”, chega este sábado á urbe galega para firmar este traballo que saíu á venta o venres 29 de novembro. A cantante das Pontes estará a partir das 12:00 horas no Andar 0 do Centro Comercial Gran Vía, concretamente na entrada principal.
Todas e todos os fans que acudan a este encontro con Sabela terán que presentar un ticket de compra do Carrefour do Gran Vía de Vigo e solo permitirase o acceso a unha persoa por disco. A aforo desta firma de discos será limitado. A cantante e finalista de Operación Triunfo anunciou a todos os seus seguidores nas redes sociais que o seu primeiro disco, “Despedida”, está á venta dende o venres 29 de novembro. Este álbum foi composto pola propia artista xunto ao portugués Diogo Piçarra, moi coñecido no seu país pola súa participación no talent “Pop Idol 2012”.
Despois da firma en Vigo, Sabela Ramil porá rumbo a Pontevedra para protagonizar un dos eventos máis esperados desta edición do Culturgal. A galega subírase ao escenario xunto a Marful para protagonizar o “espectáculo especial” desta cita na que podemos contemplar e asistir ás grandes novidades que deparará a cultura galega en 2020. O recital da cantante de As Pontes coa banda que integran Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Uxia Pedreira terá lugar ás 21:30 horas. As entradas teñen un pezo de 8 euros e pódense mercar na web de Ataquilla. Ás 17:00 horas deste venres, apenas quedaban xa localidades para asistir a un dos grandes momentos que deparará o Culturgal 2019.
Valença viaja al pasado con su tradicional Mercado Medieval. ¡Esta es toda la programación durante tres días!
Marisco, callos, xurelos o pimientos. Esto es lo que se degustará en las fiestas gastronómicas de Galicia en los primeros días de septiembre
Estas son todas las fechas de El Combo Dominicano para el mes de septiembre: la agrupación estará en estos 18 lugares
Este cine en plena naturaleza que ofrece The Wild en Vigo del 5 al 7 de septiembre proyecta cinco sesiones para todos los públicos
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL