O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura e Festexos, que dirixe Alex Rodríguez ven de publicar as bases para participar no Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará o domingo 23 de febreiro de 2020.
Durante a semana do 3 ao 9 de febreiro as agrupacións de Salceda poderán formalizar a súa solicitude, e dende o 10 ao 16 a inscrición abrirase para as agrupacións de calquera concello. As agrupacións deberán facer a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello. As formacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Ademais, o desfile completarase co concurso de coplas no que participan todas as agrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 100 e os 700 euros en función do número de compoñentes.
Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: a mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de compoñentes, o tema máis orixinal, o mellor vestiario, a mellor maquillaxe, a carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo en conxunto, as coplas máis divertidas, as coplas mellor recitadas e o participante de maior idade.
Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da web do Concello (premer aquí) ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello. En Salceda o Entroido é unha das súas festas máis importantes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas.
A programación municipal completará o xa tradicional enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 130 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estricto segredismo.
O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez Canosa, sinala que “o Entroido é sen dúbida a festa máis importante de Salceda, unha festa que a veciñanza vive con paixón, cando menos dende hai 130 anos. Xa estamos a traballar entre as diferentes concellarías para que a festa sexa un éxito para as persoas participantes e para as milleiros de visitas que se achegarán ao noso Concello”.
El ciclo Directos Vibra Mahou anuncia cuatro nuevos conciertos que tendrán lugar entre octubre y noviembre tanto en Vigo como en Galicia
Música en directo, puestos de comida y todo tipo de propuestas artísticas en pleno centro de Vigo. Así es la iniciativa que tomará Ronda Don Bosco
El Casco Vello Alto de Vigo se llenará de color, alegría y solidaridad este sábado. Así es el fiestón que han organizado por el Orgullo
"El Concello de Vigo garantiza, junto con la Comisión, que habrá fiestas en Coia". Así lo anunció este viernes el Gobierno local
Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL