O Concello de Salceda presenta este 2019 o que será unha das súas programacións de Nadal máis ambiciosas dos últimos anos con até 30 actividades programadas durante un mes. A presentación, que correu a cargo do concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, a concelleira de Comercio, Verónica Tourón e a alcaldesa, Loli Castiñeira, comezou o pasado 5 de decembro e achegará, como gran novidade, o espectáculo de tres días “Pequeno Circo de Nadal”.
Presentado como “unha auténtica experiencia de Nadal para toda a familia” ofrece un conxunto de espectáculos e actividades para os máis pequenos entre o xoves, 26 de decembro e o sábado, día 28. “Temos algo que a maioría non ten, unha poboación infantil de 1.613 nenos e nenas polo que apostamos por unha oferta infantil importante”, expresou a rexedora local, Loli Castiñeira, durante a presentación. Esta proposta ofrece “diferentes espectáculos co circo como continente cos que vivir unha auténtica experiencia que aborde os cinco sentidos dos pequenos creando un espazo de ilusión” segundo explicou un dos seus promotores, Nelson Quinteiro.
As tres xornadas, celebrarase un pasarrúas nos que haberá, non soamente un apalpador xigante, senón que chegará da man da súa dona, a apalpadora, coa que ofrecer tamén “unha visión feminina” dun Nadal cargado de personaxes masculinos. Xunto a ambos, que achegarán a ecoloxía, a proximidade e a importancia do medio ambiente á rapazada, estará tamén a tropa dos “apalpadoriños”, elfos rústicos que de músicos, cantereiros e bailaríns.
Todo o epicentro de actividades estará centralizado na Praza do Concello, onde se instalará tamén unha carpa de 15 metros que recrea as antigas carpas de circo. Cada unha das xornadas a programación arrancará ás 17:00 horas e contará, segundo a programación, con Pakolas en concerto, Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai ou un Cabaret Infantil.
Porén, non será a única programación do Nadal. Este mesmo sábado o Auditorio Municipal acollerá o teatro “Fillos do Sol”, namentres que o domingo 22 terá lugar unha Papanoelada moteira e o festivao de Panxoliñas. Outra das citas xa clásicas, a San Silvestre Solidaria, que celebra a novena edición, terá lugar o venres 27 de decembro ás 20:30 horas. Os interesados en anotarse poden facelo a través da web de Deporte Salceda antes do 24 de decembro. A inscrición, de balde, soamente obriga a entregar un cartón de leite para o programa de alimentos. Ao remate haberá chocolate para todos os participantes.
Por último, a concelleira de Comercio, Verónica Tourón, destocou a necesidade de “introducir ao comercio no Nadal”, polo que dende o Concello organizan un concurso de escaparates no que todos os comerciantes poderán anotarse antes do 20 de decembro.
PROGRAMACIÓN NADAL 2019/2020
Xoves 5 de decembro
Venres 6 de decembro
Sábado 14 de decembro
Domingo 15 de decembro
Sábado 21 de decembro
Domingo 22 de decembro
26, 27 e 28 de decembro
Venres 27 de decembro
Sábado 28 de decembro
Domingo 29 de decembro
Sábado 4 de xaneiro
Domingo 5 de xaneiro
E ADEMAIS...
Ahora sí, la gran noria de la Navidad de Vigo ha comenzado a dar vueltas. Estas son las tarifas y horarios de este año
Dani Fernández confirma su idilio con Galicia y anuncia concierto el próximo verano en Pontevedra: este jueves, entradas a la venta
Un recinto de 850 metros repleto de ilusiones ópticas y un "universo coreano". Ya hay fecha y novedades de la Navidad del Náutico de Vigo
El aclamado espectáculo de Juan Dávila regresa en 2026 con una nueva función para la que salen a la venta las entradas este jueves
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL