A artista Sés regresa ao Auditorio Mar de Vigo para presentar o venres 9 de marzo, ás 21:00 horas, o seu novo disco, ‘Readmirando a condición’. Neste novo traballo, publicado hai apenas dous meses, a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011, ademais dun tema inédito -e homónimo- que se pode escoitar en Youtube e que xa vai camiño das 14.000 visitas.
A actuación suporá o retorno da artista ao Mar de Vigo un ano despois do enorme éxito que colleitara na súa última actuación neste recinto. Nesta nova xira “Readmirando a condición”, as súas seguidoras e seguidores poderán escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento a artista non fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados nos seus concertos en directo.
Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer máis de 50 concertos dende a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península. Desta volta, a xira da artista tamén pasará por algunhas das salas emblemáticas destas grandes cidades.
‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña temas que se converteron en cancións moi populares como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “Sés” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.
As localidades están dispoñibles na plataforma de Ticketea por un prezo dende 10 euros. O concerto será o venres 9 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio Mar de Vigo.
Uno de los locales más activos de Vigo ha preparado su aniversario con una celebración por todo lo alto. Todo el mundo está invitado
Galicia celebra este fin de semana su mayor fiesta venezolana. Una cita para degustar sabores, escuchar ritmos y disfrutar de este país
Aterriza un año más la Feria del Disco en Vigo, que se convertirá en un espacio de compra-venta de vinilos y cd. La entrada será gratis
Todo listo para el Vigo Global Summit 2025. Más de mil inscritos y una veintena de ponentes participarán en este encuentro global
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL