• Ecochiringuitos de Galicia
  • Ikea Vigo
  • Navidad barrio Vigo
  • Pasarela Rías Baixas
  • Quiosco de Vigo
  • San Silvestre Vigo
  • Halloween en Navidad
  • PortAmérica
  • Encendido Baiona
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

O Sinsal despide o verán dende o marco incomparable do Museo do Mar de Galicia

O Sinsal despide o verán dende o marco incomparable do Museo do Mar de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
09/08/2019

O Sinsal non para. En plena resaca de experiencias na illa de San Simón, o evento acaba de sacar á venda as entradas para o evento que terá lugar durante os días 7 e 8 de setembro no Museo do Mar, unha cita que celebra a súa segunda edición e que volverá a mesturar música e cultura co patrimonio marítimo de Vigo. Os asistentes a este festival que celebrarase na recta final do verán poderán gozar cos concertos de Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e unha artista máis por confirmar. Ademais, a ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo presentan “Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne”. O domingo 8 haberá actividades e dous concertos de balde a partir das 12:30 horas. As entradas para a xornada do sábado xa están á venda na web do festival (premer aquí) a un prezo de 25 euros máis gastos de xestión para adultos e de 5 euros para menores de 16 anos.

Un dos grandes reclamos para a xornada do sábado será Rocío Márquez, sinalada pola prensa como “a voz da nova xeración do cante jondo”, Rocío Márquez (Huelva, 1985) leva máis dunha década, desde que en 2008 gañara a “Lámpara Minera” do Festival Internacional del Cante de las Minas (La Unión, Murcia), quizais o festival de flamenco máis importante do mundo. A carreira de Rocío Márquez traspasa xa o panorama flamenco, no que é un claro referente e figura consolidada. Chega ao Museo do Mar de Galicia co seu traballo “Visto en El Jueves”.

Másnoticias

A la venta uno de los clásicos quioscos de Lotería de Vigo con décadas de historia

A la venta uno de los clásicos quioscos de Lotería de Vigo con décadas de historia

25/11/2025
Los mejores disfraces infantiles de temática viguesa tendrán premio en el Gran Vía de Vigo

Desvelados todos los detalles de la San Silvestre de la Navidad de Vigo, que premiará a los disfraces

25/11/2025

Un cartel, o do sábado, protagonizado por grandes e singulares voces como a de Y La Bamba, banda asentada en Portland que lidera a cantante e compositora Luz Elena Mendoza, de ascendencia mexicana. En 2016 o seu album Ojos del Sol integrou a listaxe dos cincuenta mellores traballaos do ano, segundo a emisora de radio pública estadounidense NPR; o seu último disco, o quinto, titúlase “Mujeres” e nel explora o que significa ser muller mexico-norteamericana. Historias de pasado e de futuro que, dalgún xeito, todos levamos dentro. Tamén enorme voz a de FAIA, integrante do exitoso grupo De Vacas, que en 2019 desenvolve o seu propio proxecto: Ao cabo leirín. Nel contou co apoio na gravación do Hevi, ou o que é o mesmo Malandrómeda, outro dos fenómenos musicais deste século en Galicia. FAIA explora os cantos tradicionais transmitidos pola voz das mulleres, é unha grandísima noticia para a música no noso país.

A harpista Mary Lattimore forma parte tamén do cartel do sábado 7 no Museo do Mar de Galicia. Formada na música clásica, ámbito no que a súa nai destacou co mesmo instrumento, en 2005 trasládase a Filadelfia, lugar no que explora as posibilidades do instrumento na música contemporánea e no indie rock. Colabora con artistas como Steve Gunn, Sharon van Etten, Kurt Vile, Arcade Fire ou Thurston Moore. Pola súa banda, o grupo Iko Cuyagua, formado en Madrid en 2012 con algúns dos membros de Cosmonauta. En 2019 é unha das bandas gañadoras do concurso de Estudios Mans (Fundación Paideia) e pasan a formar parte do cartel Sinsal no Museo do Mar de Galicia. En 2014 gañaran xa xunto a outras bandas o concurso Converse Make Noise e quedan tamén semifinalistas no Proyecto Demo de Radio 3.

A organización aínda se garda o nome dunha artista máis para a xornada do sábado 7, que arrancará ás 19:00 no Museo do Mar de Galicia en Alcabre. Ademais, o público poderá disfrutar do espectáculo da ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo: Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne. A batalla de Rande e os tesouros que agocha a Ría de Vigo serán desvelados neste paseo subacuático conducido pola tripulación do Nautilus, que nos leva a unha viaxe sensorial e ao concepto temporal que nos transmite o mundo baixo o mar. Para resaltar o mundo da Revolución Industrial que recrea Verne nas súas novelas, esta peza recorre á estética do steampunk, onde elementos mecánicos mestúranse co vestiario, creando un híbrido entre o humano e a máquina.

O domingo 8 de setembro o festival desenvólvese a partir das 12:30 do mediodía, con entrada de balde e coa xa confirmación do concerto de Deva, que acaba de formar parte do cartel do Sónar Barcelona. Un dos ses últimos lanzamentos, “Cupido”, con Recycled J, vai camiño do medio millón de reproducións en youtube. Unha sorte de "trap soul", como ela mesma apunta. Actividades familiares e visitas ao Museo do Mar completarán a xornada do domingo. O festival contará con oferta gastronómica para o público asistente. As persoas que merquen entrada para sábado 7 terán acceso a unha prevenda especial para Sinsal que celebrarase en San Simón en 2020.

Temas: conciertos en Vigoespectáculos en VigoFestival SinSalMuseo do MarSinSalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Los mejores disfraces infantiles de temática viguesa tendrán premio en el Gran Vía de Vigo
Deportes

Desvelados todos los detalles de la San Silvestre de la Navidad de Vigo, que premiará a los disfraces

La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo

PorÁngel Vila
25/11/2025
PortAmérica se afianza como el festival más deseado de las Rías Baixas con un sold out histórico
Música

Nuevos artistas confirmados para el mejor festival de las Rías Baixas: el PortAmérica suma a Hombres G

El festival PortAmérica desvela más artistas para su próxima edición. Hombres G es la gran novedad, pero hay muchas más como Marina Reche

PorAlfredo Teja
25/11/2025
Baiona amplía su Navidad con un photocall de la Pinta, figuras 3D, un túnel de luz y más novedades
Fiestas

Baiona desvela la fecha de su encendido de Navidad con photocalls, figuras 3D y un eventazo

Pasacalles, música en directo y muchas novedades en el encendido de la Navidad de Baiona. Así se transformará para ser el escenario más navideño

PorAlfredo Teja
25/11/2025
Nigrán estrena su gran ciclo de cine familiar gratis este sábado con un clásico infantil
Qué hacer

Nigrán revive el género 'western' con una película gratis para terminar el mes

Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa

PorSara Rodríguez
24/11/2025
El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia
Enfoque

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

PorUxía Pérez
24/11/2025

El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X