• Navidad Vigo
  • Nuevo local Cangas
  • Fiesta tardeo Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Pablo López Vigo
  • Paquetes Amazon Vigo
  • Fundación Amancio Ortega
  • Navidad Monçao
  • Vialia On Ice
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

SonDeSeu inicia en Vigo a xira na que celebrará os seus 20 anos de vida

Risas contra el olvido en Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/03/2022

Galicia prepárase para celebrar esta primavera as dúas primeiras décadas de traxectoria dun dos proxectos musicais máis singulares do país. A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu festexará os seus 20 anos en activo cunha pequena xira de catro concertos en acústico, sen amplificación, por outras tantas localidades do país.

SonDeSeu é unha orquestra que agromou, hai dúas décadas, como unha actividade de conxunto instrumental coa intención de facer e compartir, colectivamente, a música tradicional galega. Co paso dos anos, a entidade medrou o a base de ilusión, esforzo e xenerosidade colectiva, tanto por parte do alumnado coma do seu profesorado, creando novas vías para a comprensión da evolución das músicas de raíz desde a óptica do século XXI.

Másnoticias

Muere un operario en un astillero en Vigo al caerle la carga de un camión encima

El astillero vigués Cardama y la Xunta, a la espera de nuevos pasos en la denuncia de Uruguay

22/11/2025
Rechazo total de los médicos a los servicios mínimos que propone la Xunta en Atención Primaria

Rechazo total de los médicos a los servicios mínimos que propone la Xunta en Atención Primaria

22/11/2025

Figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e tradicional), que favoreceu a creación dunha non só prometedora, senón efectiva, canteira de músicas e músicos que transmiten a tradición desde a contemporaneidade. Durante estes anos, ademais, bandas e artistas como Treixadura, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Carmen Paris ou Nino Galissa colaboraron dun xeito estreito con SonDeSeu.

Coa intención de festexar estas dúas décadas de actividade, SonDeSeu realizará unha xira, nos meses de maio e xuño, por auditorios das localidades de Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela. Será unha proposta inusual, xa que a orquestra actuará en espazos propios de concertos para formacións orquestrais de corte clásico. As entradas para poder gozar destes directos, están dispoñibles, desde hoxe mesmo, a través da plataforma dixital www.ataquilla.com

O primeiro dos concertos terá lugar, precisamente, na cidade que viu agromar a orquestra: Vigo. O 12 de maio, o Teatro García Barbón  acollerá a actuación inaugural desta pequena xira galega. Nove días despois, o 21 de maio, SonDeSeu visitará o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Xa de cara ao mes de xuño, a orquestra achegarase a dous dos recintos culturais máis especiais da provincia da Coruña: o Teatro Colón (3 de xuño) da cidade herculina e o Auditorio de Galicia (18 de xuño) de Santiago de Compostela. Sen dúbida, serán dúas ocasións moi especiais que porán o ramo a unha pequena xira de celebración das nosas músicas que é posible grazas ao patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración dos concellos de Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Traxectoria de SonDeSeu

A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD. A agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta. Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.

A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo (‘Libro branco da Educación en Música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’ ou a Rede Europea de Orquestras Folk ENFO), iniciativas que sitúan SonDeSeu como un gran referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo.

Temas: conciertos en Vigoespectáculos en VigoSonDeSeuVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Música

Enero arranca con un gran concierto en Vigo, Pablo López presentará en la ciudad su nuevo álbum

Pablo López confirma su idilio con Galicia y con Vigo en particular ofreciendo tres conciertos para presentar su próximo trabajo

PorCarlos I. Castrillón
22/11/2025
Un gran evento gastronómico invita a disfrutar de uno de los manjares de la cocina del norte de Portugal
Qué hacer

Un gran evento gastronómico invita a disfrutar de uno de los manjares de la cocina del norte de Portugal

Esta cita en Arcos de Valdevez también invita a degustar una de las "siete maravillas dulces" de la gastronomía de Portugal

PorIván Dacal
22/11/2025
Vialia On Ice, Navidad de Bouzas, planes gastro y mercadillos este finde en Vigo y su área
Qué hacer

Vialia On Ice, Navidad de Bouzas, planes gastro y mercadillos este finde en Vigo y su área

¿Aún no tienes plan para este fin de semana? Descubre qué hacer estos días en Vigo y su área, mucha Navidad, comida y más

PorSara Rodríguez
21/11/2025
Nigrán estrena su gran ciclo de cine familiar gratis este sábado con un clásico infantil
Qué hacer

Nigrán ofrece este sábado una sesión gratuita de cine para toda la familia

Sigue adelante el ciclo de cine familiar de Nigrán. Esta es la película que se podrá ver gratis este sábado sábado en el cine de A Ramallosa

PorPaula Carballo
21/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X