Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies e Balkan Bomba, confirmacións do Revenidas 2018

Publicidad

O festival Revenidas, que celebrará a súa vindeira edición do 17 ao 19 de agosto, suma sete novas bandas ao seu cartel, que acompañarán ás xa anunciadas Zoo, Steve 'n' Seagulls, Banda Xangai, Russkaja, The Dawlins, High Paw, Joan Garriga, Keltoi, Ayax y Prok e Auxili. Deste xeito incorpóranse á festa que a organización ten preparada para o Festival das Linguas os trallazos musicais de Soziedad Alkoholika, o punk dos escoceses The Real MCKenzies, o rap combativo de Ezetaerre, o enérxico “balkan- ska-rock” de Balkan Bomba, as letras reivindicativas e sociais de Cuarta Xusta, o rap-reggae con tintes escuros de Glaukoma e o ska core dos italianos NH3.

Soziedad Alkoholika | Non é fácil clasificar a S.A dentro dun único estilo musical: thrash, hardcore, metal, punk... O único certo é que os seus fundamentos básicos sempre foron a potencia e a velocidade, mostrando nas súas composicións un amplo e variado abano de influencias marcadas polo seu particular estilo. No que respecta aos seus textos, sempre se mantiveron nunha liña acorde coa música. Letras corrosivas e explícitas, repletas de compromiso social e denuncia directa foron unha dos seus principais características. Esta irreverente actitude carrexoulles non poucos problemas coa xustiza, promovidos desde os sectores máis conservadores. Desde os seus inicios, Soziedad Alkoholika, non parou nin un momento de actuar por toda España, América, Europa e Xapón. Son un dos grupos independentes máis recoñecidos e que máis poder de convocatoria ten nos seus directos e na actualidade, seguen mantendo intacta toda a súa esencia orixinal, tanto nas súas gravacións como nos seus irresistibles directos.

The Real MCKenzies | Con case 30 anos de historia, The Real McKenzies é unha banda punk escocesa de influencia celta fundada en Vancouver, Canadá, en 1992. Ademais da escritura e a realización de música orixinal, Real McKenzies resucita cancións tradicionais escocesas, dándolles un novo son punk-influenciado. A banda dá xiras moi a miúdo, incluíndo unha de oito meses, 23 países de xira nunha camioneta. Nalgúns destas viaxes, compartiron escenarios con Rancid, Dragstrip Riot, NOFX, Flogging Molly, Rough Chukar, The Misfits, Metallica, The Rookers, Voodoo Glow Skull e mesmo Shane MacGowan. As súas cancións foron utilizadas nos anuncios de cervexa e en videoxogos como Tony Hawk Underground.

Balkan Bomba | Cando estes dez ex –futbolistas, tras anos de periplo polas categorías máis baixas do balompé rexional, deciden colgar as súas botas, os seus días de gloria parecían pasados. Con todo, durante o seu retiro acordan formar un conxunto e cambiar de disciplina, pasándose á música co obxectivo de facer dela o que nunca foi o seu fútbol: espectáculo, diversión e alborozo. Este foi o detonante! Aquí xorde Balkan Bomba! Baixo un estilo predominante que poderiamos catalogar como “balkan- ska-rock”, a banda combina estes ritmos con outros tan suculentos como o tango ou o reggaetón, introducindo sons característicos da música árabe, o gypsy ou brass bands. Son a combinación perfecta de enerxía, baile e tolemia!

Ezetaerre | Son un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A súa andaina comezou na Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña, onde compartiron estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil. A partires de aí sacaron unha maqueta de presentación, o disco "Aspiracións mínimas e urxentes", os singles "A herdanza do vento" e "Non é verán de Estrella Damm" e o recente EP "100". Son os gañadores do último Concurso de Bandas Emerxentes do Revenidas.

Cuarta Xusta | Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música das súas integrantes e a composición de temas propios que parten das inquedanzas que afectan á nosa sociedade, sempre na nosa lingua. Ao longo da súa traxectoria, a banda ten compartido escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar. A principios deste ano presentaron o primeiro traballo discográfico, "Un novo espertar", co que seguen xirando para achegar os seus berros ao maior número posible de persoas.

Glaukoma | Glaukoma é o nome do proxecto músical de cinco novos procedentes de distintos pobos de Gipuzkoa (Euskal Herria). Un quinteto formado por mozos de Irún, Donostia e Tolosa (batería, baixo, dúas guitarras e voz). Aínda que nun principio poidamos pensar o contrario, non se trata dun grupo de rock. Tampouco de post-rock, punk ou hardcore. Glaukoma é un grupo de Rap-Reggae, que bebe dos diferentes ritmos de música negra que rodean a estes dous estilos, desde o roots máis doce ao jungle máis duro, pasando pola crueza do rap e as lineas máis melódicas do raggamuffin.

NH3 | Os italianos chegarán ao Revenidas listos para presentar "Hate and hope", un álbum forte, dinámico cun importante punk e enriquecido con ska, ventos incisivos e repetidos riff. Este traballo está cheo de sensacións opostas: o odio, que se ve como un fusible para a vontade de actuar, entusiasmo e vinganza, redescubrir á humanidade; e, pola contra, esperar por cousas mellores, crer en valores como a amizade, a identidade, a humanidade, o antirracismo, o antifascismo, a solidariedade. Preparádevos para a súa visita por terras galegas.

Nos próximos meses, a organización dará a coñecer ao resto de bandas que formarán parte da súa proposta final, no que se augura que será un irrepetible Revenidas para despedir o verán por todo o alto.

Salir de la versión móvil