Chega Surfing the Lérez, o festival gratuíto de Pontevedra con música 100% galega

Publicidad

O festival Surfing the Lérez está de regreso. Presentado este ano como o “contrafestival”, a cita contará cun cartel composto 100% por grupos e músicos galegos. Tras dous anos de parón, o festival pontevedrés retorna á Illa das Esculturas con varias novidades. A primeira, a xa sinalada de que todos os artistas sexan da comunidade. Ademais amplía a unha terceira data a súa celebración. O festival comezará o xoves 23 e rematará o sábado 25 de xuño.

A entrada, coma sempre, será de balde, se ben os asistentes poden colaborar facendo na entrada unha achega voluntaria e solidaria de alimentos que serán entregados a redeaxuda.com.

O Surfing the Lérez diversifica este ano a súa proposta, abrindo os seus escenarios a estilos e artistas emerxentes que convivirán con algúns dos nomes senlleiros da música galega. A xornada do xoves está principalmente adicada á música urbana como reguetón ou trap.

A do venres representará a tradición do que foi o Surfing, cun grande peso das propostas orientadas cara o rock and roll. ˝É unha mostra do que se fixo e do que se está a facer agora mesmo en Galicia”, explica Marcos Rivas, organizador do evento.

O festival remata o sábado, en palabras do seu organizador, “cunha representación do que é a nova xeración musical galega, con propostas que van do rock ao garaxe, do rap ao trap”.

Ademais dos concertos, o Surfing the Lérez contará tamén este ano cun escenario infantil, no que se desenvolverán actuacións musicais para os cativos, xogos interactivos, obradoiros e outras actividades lúdicas.

Horarios xoves:

 

Salir de la versión móvil