Tapearte, petiscos “de inspiración floral” na Guarda

Publicidad

A Guarda acollerá a quinta edición da ruta gastronómica "Tapearte" a partir do venres 18 de abril. Durante tres fins de semanas consecutivas, veciñanza e visitantes poderán degustar preto dunha vintena de diferentes tapas nos establecementos guardeses participantes, que ofrecerán as súas creación a un prezo unitario de 2€.

A ruta gastronómica, organizada polo Concello da Guarda, terá lugar os venres sábados e domingos durante tres fins de semana consecutivas, dende o 18 de maio ata o 3 de xuño. O seu obxectivo é impulsar a gastronomía local e promocionar as populares alfombras florais que se realizarán no casco antigo da vila na noite do sábado 2 de xuño.

Nesta nova edición, "Tapearte" contará cun total de 19 bares e restaurantes guardeses adheridos: Alameda, Art Café, Bitadorna, Boc & Pix, Camping Santa Tecla, Celtic, El Paseo, Enxebre, Kanella’s, La Botica, La Casilla, La Pizzicata, Marbella, Novo Funil, O Cangrexal, Pool Chaos, Xantar, Xeio e Y la luna?.

Os «ruteiros» e as "ruteiras" contarán cun pasaporte no que, ademais da información necesaria para a realización do seu propio itinerario gastronómico, poderán selar aquelas tapas que xa teñan degustado e participar en sorteos de produtos. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selos nas urnas que estarán dispoñibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán un agasallo directo.

Os participantes na ruta como comensais poderán, ademais, valorar a calidade das tapas consumidas. Froito desta valoración, a organización anunciará aos gañadores do Concurso da Mellor Tapa 2018, con premios en dúas categorías: a tapa mellor valorada e a preparación máis consumida.

Salir de la versión móvil