A Guarda acollerá a quinta edición da ruta gastronómica "Tapearte" a partir do venres 18 de abril. Durante tres fins de semanas consecutivas, veciñanza e visitantes poderán degustar preto dunha vintena de diferentes tapas nos establecementos guardeses participantes, que ofrecerán as súas creación a un prezo unitario de 2€.
A ruta gastronómica, organizada polo Concello da Guarda, terá lugar os venres sábados e domingos durante tres fins de semana consecutivas, dende o 18 de maio ata o 3 de xuño. O seu obxectivo é impulsar a gastronomía local e promocionar as populares alfombras florais que se realizarán no casco antigo da vila na noite do sábado 2 de xuño.
Nesta nova edición, "Tapearte" contará cun total de 19 bares e restaurantes guardeses adheridos: Alameda, Art Café, Bitadorna, Boc & Pix, Camping Santa Tecla, Celtic, El Paseo, Enxebre, Kanella’s, La Botica, La Casilla, La Pizzicata, Marbella, Novo Funil, O Cangrexal, Pool Chaos, Xantar, Xeio e Y la luna?.
Os «ruteiros» e as "ruteiras" contarán cun pasaporte no que, ademais da información necesaria para a realización do seu propio itinerario gastronómico, poderán selar aquelas tapas que xa teñan degustado e participar en sorteos de produtos. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selos nas urnas que estarán dispoñibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán un agasallo directo.
Os participantes na ruta como comensais poderán, ademais, valorar a calidade das tapas consumidas. Froito desta valoración, a organización anunciará aos gañadores do Concurso da Mellor Tapa 2018, con premios en dúas categorías: a tapa mellor valorada e a preparación máis consumida.
Una food truck de comida saludable se instalará este martes en Vigo. Se trata de una iniciativa de la Cruz Roja con el CIFP Manuel Antonio
Love of Lesbian, Sidonie, Carlos Ares, La La Love You o Siloé componen el primer avance de cartel del festival que acoge Pontevedra
Una nueva pastelería de Vigo regalará 100 bolas de pan para su inauguración. Promete ofrecer "pan de verdad" y sabores de Portugal
El Samaín de Allariz confirma la programación con las actividades que este año protagonizarán la noche más terrorífica del año
En el Consello de Goberno de la UVigo se ha aprobado la "expresión de interés" en la implantación de ese grado
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL