• El Tiempo
  • Imserso Redondela
  • Aniversario Vialia Vigo
  • Obras Balaídos
  • Fiesta Redondela
  • Parque O Porriño
  • Inversión histórica Diputación
  • Nuevo paintball en Vigo
  • "Little Italy" Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Teleco estrea olimpíadas para espertar vocacións e visibilizar a potencialidade dos seus estudos

A directora da EE de Telecomunicación, Rebeca Díaz

A directora da EE de Telecomunicación, Rebeca Díaz

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/01/2023

Por vez primeira unha vintena de escolas de enxeñaría de Telecomunicación de España, xunto ao Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e o Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT) organizan unha olimpíada nacional, dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato e FP, co propósito de promocionar a enxeñaría de telecomunicación, amosando os campos nos que está presente no día a día e como pode mellorar a calidade de vida e en concreto como impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Rebeca Díaz Redondo, directora da EE de Telecomunicación da UVigo, que forma parte do equipo coordinador do evento, vai incluso máis aló á hora de sinalar que “estas olimpíadas nacen do interese en visibilizar a potencialidade dos estudios de enxeñaría de Teleco entre o estudantado máis novo, para espertar vocacións temperás”. A directora do centro tamén lembra que o tecido empresarial precisa de perfís de enxeñaría de telecomunicación e non atopan suficientes persoas formadas no territorio nacional e, concretamente en Galicia. “De feito, e como mostra do interese do tecido empresarial, temos catro empresas con unha relación moi estreita coa EET que patrocinan a competición local/rexional: INDRA, QUOBIS, BorgWarner e Televés, que financiarán parte dos costes para fomentar vocacións entre o estudantado”, detalla.

Másnoticias

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

11/09/2025

Un estudo da UVigo analizará o papel das peregrinacións militares a Santiago na proxección internacional de España

10/09/2025

Ata o 5 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición na I Olimpíada Nacional de Teleco, para que o profesorado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e ciclos de FP poida inscribir ao seu equipo, que terá que deseña e desenvolver un proxecto aliñado coa enxeñaría de telecomunicación e o ODS 11, Cidades e comunidades sostibles, para o que utilizará o material que lle proporcionará a EET, formado por kits de placas programables compatibles co IDE e Arduino. Pola súa banda, o estudantado de Bacharelato tamén poderá participar de xeito individual, para o que terá que resolver un conxunto de problemas relacionados coa enxeñaría de telecomunicación, utilizando de xeito enxeñoso as ferramentas físico-matemáticas coñecidas polo alumnado dese nivel. “Para a EET é un orgullo formar parte do equipo coordinador destas olimpíadas que son as primeiras que se celebran no ámbito nacional e que supuxeron un grande esforzo de traballo entre os colexios profesionais e máis as Escolas de Enxeñaría”, explica Rebeca Díaz, que agarda que a iniciativa sexa ben acollida entre os centros de ESO, Bacharelato e FP aos que anima a participar, especialmente ás e aos docentes do ámbito de tecnoloxías. “Non estarán sos, dado que terán axuda dende o centro para formación, equipos e asesoría individualizada durante a realización dos proxectos”, explica a directora da EET, que confirma que están en proceso de enviar información aos centros.

Unha competición con dúas fases

A I Olimpíada Nacional de Teleco desenvolverase en dúas fases: unha local, xestionada pola EET da UVigo, e outra nacional, na que competirán os mellores proxectos (gañadores) das competicións locais. “Os premios que daremos na EET serán de 400 euros para o equipo coa mellor solución técnica e máis 400 euros para o instituto ao que pertenza, 300 euros para o equipo que teña a proposta máis orixinal e 200 euros para o equipo coa proposta máis aliñada co ODS 11”, explica Rebeca Díaz.

A fase clasificatoria desenvolverase entre o 15 e o 26 de maio e a fase nacional en xuño de 2023. Nesta última outorgaranse catro premios: á mellor proposta técnica, a proposta máis orixinal, á máis aliñada co ODS 11 e á mellor comunicación e exposición de proxecto.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Qué hacer

Redondela despedirá septiembre con una fiesta gastronómica con juegos y música

...

PorIván Dacal
15/09/2025
Qué hacer

Vialia Vigo prepara su fiestón de cumpleaños más único con una tarta gigante para 2.500 personas

...

PorCarlos I. Castrillón
15/09/2025
Fiestas

Un festival DJ de cuatro días en el sur de Galicia para decir 'adiós' al verano en Tui

...

PorAlfredo Teja
14/09/2025
Fiestas

Un mercado de Vigo celebra su transformación con degustaciones gratis, regalos y un concierto

...

PorUxía Pérez
14/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X