O grupo de música The Turre’s Band celebra este sábado día 12 de novembro a partir das 00:00 da noite con entrada de balde, o seu 20 + 1 aniversario na Sala Tubulart de O Porriño. A proclamada “banda de delincuentes máis querida de toda Galicia” fará un concerto especial para celebrar os máis de 20 anos sobre os escenarios.
O seu espectáculo estará composto polo repertório histórico da banda, temas do seu último disco “Zapatilla” e algún adianto de cara a próxima tempada. Todo cunha duración aproximada de hora e media de música e “algunha que outra sorpresa”, indican desde o grupo.
“É un concerto especial porque retomamos as vellas tradicions. Tiñamos a costume de rematar o ano no facendo un bolo neste local e debido á pandemia da Covid-19 estes últimos anos non foi posible”, indica o ‘frontman’ e saxofonista do grupo, Diego Cabaleiro.
Cal é o segredo para que esta agrupación leve case tantos anos coma os míticos Heredeiros da Crus? “Deixar que todo flua”, indica Cabaleiro, “ao final somos dos amigos, compañeiros da música e da troula e iso é o que nos leva a seguir nos escenarios e dando zapatilla desde o 2001”.
Para acabar, Cabaleiro sinala que “sería xenial engadir algunha anécdota das moitas que temos gardadas nestes anos, pero sería preciso moitos caractéres e minutos para poder contalas como se merecen. Mellor que a xente veña vivir a próxima este sábado no Tubulart, lugar protagonista de moitas delas”.
The Turre’s Band nace no 2001 cando os membros do grupo “foron expulsados das súas bandas de música por non saber os pinchos educadamente”, así o contan no seu tema Equipo T de ‘Algho hai!’, o primeiro traballo que publicaron no ano 2005. No ano 2010 presentaron ‘A última verbena’ e o ano pasado o seu último traballo, ‘Zapatilla’.
Desde hai máis de 20 anos levan percorrendo festas e festivais de todo o pais e parte da península como: o Festival Pardiñas, V de Valarés, Pekusión, Rebumbio, Terra brava e locais míticos do país como: o Claviccembalo, Auriense, Fábrica de Chocolate. Ademais, foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música Galega en 2018 e 2019 na categoría de ska-reggae-música de mestizaxe.
Os seus compoñentes son: Diego Cabaleiro (Voz e saxo), Ruben Porto (saxo), Ricardo González (bateria), Camilo Martínez (percusión), Manuel Castro (clariente), Javier Romero (trompeta), Juanjo Penas (trombón), Gustavo A. Barcia (baixo eléctrico), Gabriel Porto (trompa), Francisco Valcarcel (bombardino) e Gustavo Barcia (tuba).
El Mercado de Navidad de Artesanía Alimentaria llega este viernes a Vigo. Estas son las actividades y sorteos que ofrece hasta el domingo
Vialia Vigo se prepara para acoger talentos de toda España en su Barber Battle. Una competición que promete ser todo un espectáculo
¿Crees que haces la mejor tarta casera? Ponteareas acoge una nueva edición del concurso gastronómico que busca el mejor dulce
El Concello ha abierto el plazo para que los comerciantes y artesanos se anoten al Mercado de Navidad de Gondomar. ¡Consulta aquí las fechas!
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL