• Muerte Vigo
  • Investigación robos Vigo
  • Hotel Boutique
  • Ryanair Vigo
  • Furanchos
  • San Martiño
  • Parque O Porriño
  • Mercado Reciclado
  • Navidad top Portugal
  • Seguridad Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Tui cítase con máis de 1.100 participantes no Descenso Internacional e Popular sobre o Miño

Tui cítase con máis de 1.100 participantes no Descenso Internacional e Popular sobre o Miño

Participantes nunha antiga edición do Descenso // Concello de Tui

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/08/2023

A paixón polos deportes de auga vívese esta fin de semana no Baixo Miño. Máis 1.100 persoas participarán este sábado, 19 de agosto, no Descenso Internacional do Miño e no Descenso Popular que organiza o club Kaiak Tudense coa colaboración do Concello de Tui, entre outras institucións e entidades.

O 52º Descenso Internacional do Miño, que foi presentado este mércores na rúa Olímpicos Tudenses,  incrementa a súa participación en case 100 deportistas con respecto a edición de 2022, e congregará a 558 deportistas de 48 clubs dos que 33 son de Galicia, seis de Portugal, dous de Arxentina, tres de Madrid, dous de Valladolid, un de Pamplona e un de Asturias.

Másnoticias

Tomiño saca a licitación cuatro puestos en su Mercado y busca gente "con ganas de emprender"

Tomiño saca a licitación cuatro puestos en su Mercado y busca gente "con ganas de emprender"

06/11/2025
Una gran fiesta en el área de Vigo promete verbena y un evento gastronómico

Una gran fiesta en el área de Vigo promete verbena y un evento gastronómico

06/11/2025

A saída será o sábado ás 18:30 horas dende Salvaterra de Miño, e estímase que os primeiros en cruzar a liña de meta o fagan en aproximadamente unha hora. Entre os favoritos para a vitoria están no K1 senior Manuel Garaycoechea e Amaia Osaba; no K2 Iván Alonso e José Barreiro, Adria Prada e e Joaquín Iglesias na categoría masculina e Tania Fernández e Carmen Villar na feminina.

No K2 mixto parten con opcións de subir ao máis alto do podio as parellas locais de Leticia Piña e Rubén Millán, e de Lucía Soutelo e David da Rocha, xunto a Cristina Franco e Rubén Franco. En canoa a nivel individual as favoritas son Claudia Couto, campioa do Mundo en C1 200, Ana Pereira, medallista no Mundial, xunto a Óscar Graña e Jaime Duro na categoría masculina e Diego Miguens e Fernando Busto no C2. A entrega de premios será ás 20:00 horas.

Previamente, ás 16:00 horas sairá dende a ribeira de Caldelas o Descenso Popular do Miño que acada a súa décimo segunda edición. Hai inscritas 550 persoas que nas súas piraguas encheran de corido o río Miño ao longo de sete kilómetros até Tui. Para facilitar o transporte das persoas participantes haberá autobuses lanzadeira dende a rúa Tenencia, fronte ao Parador, onde haberá amais habilitada unha zona de aparcamento. Previamente dende ás 12:00 horas na propia ribeira celebrarase a Romaría Popular. A festa continuará na rúa Compostela a partir das 20:00 horas con música e gastronomía na Festa Gastronómica.

Participantes saíndo dende Salvaterra de Miño nunha edición anterior do Descenso. // Concello de Tui

Este mércores na presentación da proba Ana Núñez, alcaldesa en funcións, amosou o orgullo da institución que representa por ser “un concello recoñecido nacional e internacional como referente no mundo do deporte, e en concreto no mundo do piragüismo”. Engadía que este é un deporte “tan significativo e tan ligado a nosa esencia” que dende os seus inicios ten dado colleitado grandes éxitos. Nese senso recoñecía o “gran traballo que desde o Club Kaiak Tudense veñen realizando” tanto na organización deste 52 Descenso Internacional do Miño, declarado Festa de Interese Turístico, senón tamén coma berce de grandísimos campións e campioas olímpicos, nacionais e internacionais”. Ao tempo reivindicou a presenza feminina no deporte e nos órganos de representación do deporte.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salientou que o Descenso é un evento moi consolidado que conta con gran implicación dos deportistas e éxito rotundo de participación. Mentres o seu homólogo de Salvaterra, Edgar Martínez indicaba que este evento achega ao deporte a todos podendo gozar do espazo natural no que se celebra.

O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, destacaba a ampla participación que rexistra este evento e convidaba ao público a gozar deste espectáculo deportivo. Mentres o xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, lembrou que o Kaiak Tudense é un club referente para a Secretaria Xeral para o Deporte, engadindo que Tui é un referente en combinar o deporte federado e o popular, e aludido a ampla participación prevista sinalaba que “falta pouco para chegar ao Sella”.

O deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais, Roberto Carrero, referiuse ao Descenso coma un acto importante que constitúe un evento de promoción de toda a provincia e que brinda un espectáculo de primeiro nivel.

O presidente do Kaiak Tudense, Diego Piña, repasou na súa intervención os datos deportivos deste eventos, agradecendo o apoio de todas as persoas e institucións que o fan posible e convidando á achegarse ao Miño para gozar destes Descensos.

Temas: kayakKayak TudenseO Baixo MiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Los furanchos retoman la actividad y continúan con su reapertura progresiva
Qué hacer

Fin de semana de furanchos en el área de Vigo con esta gran fiesta en Salceda

Salceda de Caselas se prepara para acoger la cuarta edición de su Festa Furancheira. Una cita gastronómica para animar el área de Vigo

PorSara Rodríguez
06/11/2025
Una gran fiesta en el área de Vigo promete verbena y un evento gastronómico
Fiestas

Una gran fiesta en el área de Vigo promete verbena y un evento gastronómico

Tomiño disfrutará en noviembre de una fiesta durante tres días. Habrá un evento gastronómico y una gran verbena

PorIván Dacal
06/11/2025
Mercado Reciclado celebra edición especial en Vigo con ropa vintage, vermú, picoteo y música
Qué hacer

Música, gastronomía, artesanía y ropa de segunda mano y vintage en el Mercado Reciclado de Vigo

Llega el tercer aniversario del Mercado Reciclado en Vigo. Habrá música, talleres, artesanía y moda de segunda mano y vintage

PorIván Dacal
06/11/2025
Vila Nova de Cerveira desvela las fechas y horarios de su mágico Mercado de Navidad
Qué hacer

Vila Nova de Cerveira desvela las fechas y horarios de su mágico Mercado de Navidad

Uno de los municipios de Portugal más próximos a Galicia, Cerveira, confirma una nueva edición de su mercado navideño. ¡Estas son las fechas!

PorIván Dacal
06/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X