Afundación organiza, xunto co colectivo de fotógrafos La Diapo Fotografía conformado por Esteban de la Iglesia e Manu Suárez, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a a mostra "Como me presento? 17 encontros fotográficos para recoñecerse nas personas con TEA", una exposición que podese visitar na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo.
Este proxecto, comisariado por Monse Cea, convida á sociedade a cuestionarse como se constrúe a identidade social das persoas diversas, nunha proposta de coidada linguaxe e estética, para descubrir a arte inclusiva e constribuír no recoñecemento dos seus protagonistas.
O proxecto retrata 17 encontros que tiveron lugar entre persoeiros destacados na sociedade galega, como Luís Tosar, Sés, Ángel Carracedo ou Pepe Solla, e persoas invisibilizadas pola súa diferenza. Mentros, os fotógrafos Estebán de la Iglesia e Manu Suárez rexistran coas súas cámaras estes encontros creando, desta forma, unha obra de arte coral.