• Tapería Nautilus Vigo
  • Casa extraña
  • Restaurante Baiona
  • Tortilla Vigo
  • Panorama y París de Noia
  • PortAmérica
  • Incendio Casco Vello
  • Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Exposiciones

Unha mostra en Vigo percorre a viaxe dos contos infantís a través do tempo e dos países

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/05/2022

Hai libros que contan a historia de nenas libres e rebeldes, como Pipi Mediaslongas, pero tamén hai libros sobre o ideal feminino da época franquista como Flora. Hai literatura infantil clásica, como a dos irmáns Grimm, pero tamén hai historias que van máis aló do estándar europeo ou occidental. E é que os contos son historias que viaxan, que están presentes en todas as culturas e épocas, ben dende a oralidade, ben dende as páxinas dos libros. Esa dimensión universal é a que trata de abarcar a profesora de Belas Artes Silvia García a través da mostra Contos e Países que se pode visitar na sede viguesa da Deputación de Pontevedra ata o 15 de xuño.

A exposición non ten un obxectivo académico nin historicista, explica a comisaria, senón que pretende “que valoremos esa parte do noso patrimonio, as historias, os libros, os contos que se transmiten grazas á oralidade e, ao mesmo tempo, propón distintos fíos, posibles lecturas que se desvelan cos itinerarios pola exposición”. Así, por exemplo, pódense explorar as relacións entre os distintos países e comprobar como o colonialismo, a emigración e o exilio fixeron que as historias e os seus personaxes viaxasen coas persoas. A mostra serve tamén para revisar, como as cuestións de xénero, as tradicións ou os patróns de comportamento están presentes nos contos.

Másnoticias

iStock

Arranca el juicio contra los gestores del club Hot Dog dedicado al alterne en Vigo

18/05/2025

Vigo inicia la cuenta atrás para cocinar "la tortilla más grande de su historia"

18/05/2025

Así, as e os visitantes poderán atopar non só os contos clásicos da vella Europa, senón contos da tradición soviética, libros fineses, israelís ou suramericanos, así como estadounidenses ou británicos, deixando tamén espazo para propostas galegas, como a revista As roladas, unha iniciativa pioneira de Ramón Cabanillas da que se publicaron dous números en 1922. Os exemplares forman parte da propia colección da profesora García, unha compilación que, segundo explica, “foi enriquecéndose coas viaxes, cos descubrimentos en mercados e librerías de vello de distintas partes do mundo”.

Minorías e maiorías pouco representadas

O percorrido pola mostra permite comprobar como na literatura infantil e xuvenil existe “unha sobrerrepresentación de narracións protagonizadas por nenos brancos”, mentres que algunhas minorías e mesmo algunhas maiorías, como os habitantes do continente africano ou de Sudamérica, teñen un papel secundario. Esta visión, destaca García, é consecuencia do “noso eurocentrismo académico” e o descoñecemento xeneralizado sobre “a realidade editorial en países tan importantes como China ou India”.

Neste sentido, García lembra que moitos dos contos e historias “foron adaptados para o público infantil e xuvenil no noso contexto occidental e europeo a finais do s XVIII, cando se produciu, coa Ilustración, un cambio de paradigma da mirada dos adultos sobre a infancia”. Os contos e as historias estendéronse entre as familias de clase alta e a burguesía, nunha sociedade cun elevado índice de analfabetismo na clase obreira e, polo tanto, “os libros non foron un artigo de primeira necesidade, senón un agasallo valioso e valorado”. Deste modo, o contexto social e político fíltrase como unha capa máis de significado nas publicacións infantís, “e podemos rastrexar a lectura sobre a outredade e o exotismo, nas historias ambientadas no mundo oriental, nos estereotipos arredor do salvaxe (como as historias que xurdiron a partir do Robinson Crusoe de Daniel Defoe) ou nos estereotipos que ocultan unha realidade múltiple e diversa como a do continente africano”. Así, na exposición poden verse volumes que reflicte o pasado imperial dalgúns países, que espallaron a súa cultura en forma de libros como unha faceta máis do colonialismo en África e na India.

Estereotipos de xénero

A mostra tamén aborda as cuestións de xénero a través dos libros, con historias dirixidas á educación das nenas, nas que se fai fincapé na docilidade e se fomentan os estereotipos de “nenas boas e caladas”, predominantes na etapa franquista. E é que como explica a comisaria da mostra, dende as institucións do Estado impulsábanse “historias sentimentais de sacrificio feminino”, como as escritas polo sacerdote católico alemán Christoph von Schmid, María o el cestillo de flores, e Xenoveva de Bravante, adaptación dunha lenda medieval. Outro aspecto no que se insistía nesta etapa era a obediencia aos adultos, sendo un dos exemplos máis populares Juanito, libro escrito orixinalmente en italiano por L.A. Parravicini, no que se recollen a multitude de desgracias que desencadean as accións dun neno desobediente.

Fronte a estas historias de submisión feminina estaba o contrarrelato de nenas independentes e rebeldes como Pipi Mediaslongas, Matonkikí ou Alicia no país das marabillas, este último “un caso moi singular na historia da literatura infantil”, que son quen de darlle a volta ás convencións sociais.

Emigración e Galicia

Outro aspecto que se aborda nesta mostra é a relación da literatura española e galega con outros países, coma a de Galicia con Cuba a través da escritora Anisia Miranda, filla de emigrantes galegos e autora de Os contos do Compay Grilo. Esta historia sitúase en Cuba e para facilitar a comprensión, o conto inclúe ao final un glosario coa explicación en galego do vocabulario cubano. Este libro, explica Silvia García, foi editado pola editorial O Castro, impulsada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, “o que nos conecta co esforzo dos emigrantes e exiliados galegos por promover o patrimonio e a cultura galega”.

De feito, lembra a comisaria, xa a comezos do século XX as Irmandades da Fala e o grupo Nós tentaron comezar a albiscar unha literatura infantil en galego, xunto con outras iniciativas enfocadas a educación como as Escolas do Insiño Galego. Pero tras a Guerra Civil e a ditadura, non foi ata a década de 1970 cando as publicacións infantís en galego comezaron a desenvolverse e comercializarse dun xeito xeneralizado. Algúns destes libros están presentes na mostra, que se poderá visitar ata o 15 de xuño.

Visitas didácticas

Como complemento á exposición, estanse a levar a cabo visitas didácticas concertadas co Servizo de Cultura da Deputación e dirixidas principalmente a escolares. O obxectivo é achegalos á construción e difusión dos contos e ás súas implicacións políticas, sociais e culturais. A partir dun formato distendido que engloba dinámicas e prácticas participativas, exploran como viaxan as historias e descobren a capacidade dos contos para revisar diferentes temáticas.

Temas: Deputación de Pontevedraexposición en VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Fiestas

Vigo inicia la cuenta atrás para cocinar "la tortilla más grande de su historia"

...

PorAlfredo Teja
18/05/2025
Foto: Concello de Ourense
Fiestas

Ourense acaba de confirmar un bombazo musical para sus fiestas: "Ya está fichado"

...

PorMetropolitano
18/05/2025
Concello de O Rosal
Qué hacer

Lanzan una asombrosa ruta entre cascadas y molinos para descubrir O Rosal

...

PorGabriel González
18/05/2025
Fiestas

Tomiño confirma un bombazo para el verano con Panorama, París de Noia y América de Vigo

...

PorMetropolitano
18/05/2025
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X