Unha xornada analiza o potencial do ecofeminismo para xerar “outra educación”

Publicidad

Maria Mies e Vandana Shiva definen o ecofeminismo como un "novo termo para designar un saber antigo". Nel conflúen feminismo e ecoloxismo para loitar contra a explotación do mundo natural e contra a opresión das mulleres. Foi na década de 1970 cando Fraçoise d'Eaubonne empregou por primeira vez este termo no seu ensaio El feminismo ou a morte, no que aborda a conexión ideolóxica existente entre a explotación da natureza e a explotación das mulleres. Co paso das décadas esta corrente de pensamento foi acadando máis relevancia, ao unir dúas das ideoloxías máis relevantes do que vai de século XXI: ecoloxismo e feminismo.

Precisamente, para analizar o papel que poden desenvolver as ferramentas ecofeministas no ámbito académico, Trátase de axudar ao alumnado a “comprender o mundo actual, as causas das crises sistémicas, etc.", nunca cita organizada por Iria Vázquez Silva. A docente explica que o feito de organizar esta iniciativa xorde “por un interese que vén de longo, como profesora de socioloxía, na importancia que posúe o ecofeminismo como unha corrente de pensamento e de acción que nos achega unha perspectiva de utilidade para comprender as nosas sociedades”. A docente forma parte de Arredor do rural, unha plataforma galega conformada por docentes, persoal investigador, asociacións e colectivos e foi precisamente nese contexto, recoñece Silva, “onde desenvolvín a idea de facer chegar ao alumnado proxectos que vinculan a análise rural, os ecofeminismos e a educación...”

Outra educación a través do ecofeminismo

As xornadas, abertas tanto ao alumnado como á cidadanía, desenvolvéronse ao longo da mañá e centráronse nas ferramentas ecofeministas para outra educación. A impulsora das xornadas foi a encargada de abrilas e subliña a importancia de “ir introducindo nas nosas guías docentes unha amplitude de coñecementos e saberes que, ás veces, son descoñecidas polo alumnado”. No caso do ecofeminismo, destaca, “é unha corrente de pensamento que leva xa décadas facendo unha análise crítica das xerarquías de poder que sustentan a relación dos seres humanos cos animais ou coa natureza en xeral”. Con todo, non resulta sinxelo que este tipo pensamentos se fagan un oco no sistema educativo convencional. Para conseguilo, recalca a docente, “temos plataformas e redes de profesorado nas que facemos un esforzo por achegar ao alumnado e ao público en xeral, ferramentas diversas que poidan ser de utilidade para comprender o mundo actual, as causas das crises sistémicas, etc”.

Ecofeminismo dende e polo rural

Segundo Vázquez Silva, aínda que en Galicia “a dicotomía rural-urbana non é tan clara como noutros contextos”, si é certo que o eido rural “segue a estar discriminado tanto a nivel económico como social, cultural e simbólico, polo que é especialmente importante achegar iniciativas de investigación que se están a facer no eido rural, porque se atopan invisibilizadas”. De feito, na xornada participaron tres expertas en ecofeminismo en cuxos traballos o rural ten un peso moi importante. Así, Lucía Santiago Sanmiguel, mestrada en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio e xestora de obaixoulla.gal fixo un achegamento á análise do patrimonio desde unha perspectiva feminista, para comprender como a interpretación do patrimonio precisa tamén unha revisión. Pola súa banda, Lara Barros Alfaro, historiadora e mestrada en Terapia de reencontro e responsable de Mulime, introduciu a visibilidade das mulleres nos montes veciñais e, finalmente, Araceli Macías García, educadora social e mestrada en Política Social e Intervención Sociocomunitaria e socia de Outonía s.copgalega centrouse en introducir xustamente o eixe rural na formación.

Un pensamento plural

Feminismo e ecoloxismo teñen moito en común. Ambos pensamentos, relata Iria Vázquez Silva, “realizan un chamamento para que a sociedade faga unha análise crítica da sostibilidade das vidas; é dicir o ecofeminismo trata de poñer no centro a sostibilidade das vidas desde un enfoque crítico aos sistemas de poder que están xustamente en guerra contra esa sostibilidade” e, por exemplo, engade a docente, “se falamos da pandemia, o ecofeminismo ten moito que achegar na súa análise”.

A socióloga tamén fai fincapé no carácter plural desta corrente de pensamento, cuxo obxectivo, de xeito Xeral, é “revisar todos aqueles mitos que están detrás da falsa dicotomía entre as sociedades humanas e a natureza e os corpos. O ecofeminismo revisa o noso xeito de producir mercancías, pero tamén o noso xeito de consumo "efémero". A ollada ecofeminista detense a revisar tamén o sistema de coidados nas sociedades, facendo unha crítica á desigualdade de xénero no seu reparto, e poñendo o foco na necesidade de valorizar socialmente os coidados”.

Salir de la versión móvil