Varadero Fest volve polo Nadal como unha experiencia audiovisual virtual

Imaxe da primeira edición do Varadero Fest // XIANA QUINTAS

Publicidad

Moaña continúa coa súa aposta pola cultura a pesar da dureza existente nestes tempos de pandemia. As concellerías de Turismo, Mocidade e Igualdade e Cultura suman esforzos para deseñar unha edición diferente do Varadero Fest, o evento que se estreou con éxito o pasado verán e que retorna polo Nadal para ofrecer unha programación innovadora e vangardista, unha proposta cun novo formato que bautizouse como “Varadero A/V”. A cita contará coa colaboración da marca textil galega que xa é unha referencia a nivel estatal, Lovely Disfraze.

O concepto desta nova proposta de Varadero é mesturar música e imaxe, arte e movemento, realidade e ficción. Os organizadores propoñen unha experiencia audiovisual na que converxen videoproxeccións, cine e música experimental. Sesións de dj e concertos de música electrónica que se retransmitirán en directo dende a páxina de Facebook do Concello de Moaña.

A emisión abarcará os tres domingos comprendidos nas datas do Nadal: 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro ás 22:00 horas. As actuacións grabaranse no auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao de Moaña.

Os artistas cos que contaremos para isto son Akazi.e e Sebastian Black, que ofrecerán os seus dj sets, e Underlock cun live set e todas as actuacións irán acompañadas polas proxeccións visuais de Wax.dee. Todos eles artistas galegos emerxentes das correntes máis experimentais e novidosas da música electrónica.

O deseño da imaxe gráfica do cartel corre a cargo de Paco Quintas, de Dosceworks.

Salir de la versión móvil