A Orquestra Vigo 430 ofrecerá esta fin de semana o seu terceiro concerto da tempada 19/20, no que contarán co portugués Pedro Castro coma director e solista de oboe e flauta de pico, ademáis de coa, tamén lusa, soprano Magna Ferreira.
No recital, que se celebrará o domingo ás 19:00 horas no Auditorio Martín Códax, presentará un fermosísimo programa barroco no que Castro contará cun oboe que é unha réplica dun instrumento construido por Eichentopf, actualmente depositado no Museo da Música en Lisboa.
Actualmente, Pedro Castro ensina oboe barroco histórico e música de cámara na Escola Superior de Música de Lisboa e na ESMAE (IPP, Porto). Está Doutorado pola Universidade de Aveiro e na súa actividade profesional inclúe varias orquestras e agrupacións de instrumentos históricos nos principais centros artísticos europeos.
Pedro Castro e a Orquestra Vigo 430 contarán neste concerto coa soprano Magna Ferreira, profesora no Curso de Música Antiga de ESMAE (IPP, Porto) e directora artística e pedagóxica do Curso de Música Antiga en Agolada.
Licenciada en Música (ESMAE), como cantante actuou en Portugal, España, Francia, Suiza, Polonia, México e Brasil con grupos e directores de recoñecido mérito, e en varios salóns e festivais de referencia. Tamén destaca a súa faceta compositora, xa que escribiu obras para o Teatro Bruto, Além Voz, entre outras, e recentemente estreou a obra “Tempus Fugit” no Festival Vivarium.
Dende a Orquestra Vigo 430 participarán neste concerto Pavel Amilcar (Violín I), Ângela Neto (Violin II), Javier Escobar (Viola), Isabel Figueroa (Violoncello), Eva Euwe (Violone), Uxía Delgado (Tiorba) e Marta López (Clave). E para o desenvolvemento do mesmo tamén resulta imprescindible o traballo de Ana Novoa (Xerente), Javier Escobar (Director artístico) e Myriam Cortizo (Producción).
Coma en ocasións anteriores, establecéronse uns prezos moi reducidos para unha cita na que desfrutar dun fermosísimo programa barroco. As entradas para o concerto poden obterse dende catro euros en Evenbrite. Tamén na taquilla do Auditorio dende hora e media antes do comezo.