O vindeiro venres 7 de outubro, a partir das 17:30h, a Sala Rosalía de Castro na sede da Deputación en Vigo abre as portas a “María do Carme Kruckenberg. Vivir unha aventura irrepetíbel”, unha mostra adicada á figura dunha viguesa ilustre e unha das escritoras de posguerra e intelectuais máis salientables do século XX. Unha exposición organizada pola Fundación Penzol, coa que colabora a institución provincial, e comisariada pola docente e escritora Mercedes Queixas Zas como unha das principais especialistas na homenaxeada.
A través de doce paneis informativos sobre a autora e a súa obra, oito mesas expositoras con fondos de arquivos bibliográficos e obxectos persoais, e un audiovisual que amosa diferentes intervencións da escritora, o público repasará, non só a súa creación literaria, senón tamén vivencias persoais claves na súa escrita. A mostra pretende poñer en valor a figura de María do Carme Kruckenberg coma unha muller pioneira entre as escritoras galegas de posguerra e a súa incesante actividade literaria ao longo da súa vida.
Kruckenberg foi unha intelectual, cosmopolita e liberal, adiantada a súa época e cunha gran cultura amais dunha alta capacidade autodidacta. A obra da autora viguesa abarca máis de vinte poemarios, varias escritos narrativos, traducións e incluso participou como actriz na obra de teatro de Álvaro Cunqueiro “Érase una vez...”. Colaborou tamén con diversas revistas e diarios e foi vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sendo galardoada co Premio Alecrín, a Medalla de Galicia, a Medalla Castelao, o Premio Laxeiro ou o título de Viguesa Distinguida.
A súa figura permanece intacta grazas á herdanza da súa importante produción literaria inicialmente creada en castelán e en galego, sendo exclusivamente en galego a partir dos anos setenta en máis dunha trintena de obras líricas e tamén na súas incursións no eido da tradución e da narrativa. As creacións de María do Carme Kruckenberg deixan como legado un percorrido único e moi persoal no proceso colectivo de construción da poesía galega desde a posguerra, comezando pola herdanza poética do noso cancioneiro medieval ata o existencialismo, sendo tamén voz da denuncia social ou convocando o erotismo máis sensorial.
Por expreso desexo da poeta, este legado literario está depositado, para a súa custodia e consulta, no arquivo da Fundación Penzol, institución coa que se colabora para render unha homenaxe de lembranza á autora co fin de conseguir un maior recoñecemento público para unha escritora lúcida e pioneira, que deixou inserido no corpo de miles de versos un ronsel de vida para a esperanza.
O Porriño anuncia un bombazo eurovisivo para su encendido de Navidad con un concierto gratis. Así será el despliegue que ha adelantado
El Concello de Nigrán ofrece este sábado en el Cine Municipal de A Ramallosa la película ‘Charlie y la fábrica de chocolate’
Arranca uno de los grandes eventos de la Navidad de Portugal: descubre los horarios y todos los detalles de la Fortaleza de Chocolate
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Garza aposta por reforzar a captación de alumnado e a proxección internacional da facultade - Foi elixida por maioría absoluta
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL