Vigo recupera a súa festa labrega coa IX edición da Festa da Sementeira en Matamá

Publicidad

A parroquia viguesa Matamá xa se está engalanando para o regreso da súa gran Festa da Sementeira do Millo. Despois de dous anos sen poder festexar por mor da pandemia, a festa labrega da comarca de Vigo voltará o próximo sábado 30 de abril coa súa IX edición. Organizada polo Colectivo Malaherba e en colaboración coa Asociación Veciñal de Matamá, esta nova edición promete música en directo, espectáculos, cultura e moita tradición rural.

A IX Festa da Sementeira do Millo comezará coa Labranza as 16:30 horas. Ás 17:00 horas será a quenda dos espectáculos en directo coa posta en escena do músico vigués César Freiría e o seu show Cé Orquestra Pantasma, co que o público desfrutará do seu amplo e variado repertorio. De seguido, ás 18:30 horas Peter Punk converterase no Doctor Punkdemia coa sua proposta Punkdemia.

Para ir rematando, ás 20:00 horas celebrarase a tradicional Sementira do Millo da man dos máis pequenos. O peche da xornada será ás 21:00 horas co concerto de Storrentos e o seu característico rock de taberna.

Ademais, durante toda a tarde haberá unha mostra etnográfica, muiñada e cervexa artesanal.

Salir de la versión móvil