• Fiesta San Roque Vigo
  • Transformación Beiramar
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Nuevo local en Vigo
  • Fiestas de Bouzas
  • Nigranjazz
  • Macroverbena
  • Playa de Arealonga
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Vigo, sede da primeira Olimpíada da Enerxía que se celebra en España

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/04/2025

150 mozas e mozos chegados de 16 centros de ensino medio de toda Galicia, desde Xinzo de Limia ata Ferrol, participan este mércores na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo na I Olimpíada da Enerxía que se celebra en España, un evento impulsado desde a escola e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT, do Ministerio de Ciencia e Innovación. O obxectivo: contribuír ao coñecemento do sector enerxético entre a mocidade, pondo en valor a importancia da enerxía no día a día das persoas, ao tempo que se fai canteira profesional para unha sociedade na que a transición enerxética é un dos seus principais desafíos.

“Hoxe é un día moi intenso para todas e todos, no que preparamos para vós un programa cargado de actividades”, explicoulles á súa chegada á escola a directora do centro, Elena Alonso, coordinadora xeral da olimpíada, que, acompañada polo reitor Manuel Reigosa, foi a encargada de darlle a benvida aos participantes. Ambos coincidiron na importancia desta data, “tanto para a escola como para a Universidade”, e animaron a todos os participantes a gozar da xornada. “Levades meses traballando, elaborando os vosos proxectos, hoxe toca dalos a coñecer e ver tamén as solucións formuladas polo resto de institutos”, salientou a directora, facendo fincapé na vertente formativa desta cita.

Másnoticias

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

18/07/2025

Arranca en Vigo el Congreso Galego de Astronomía e Astrofísica, con más de 50 científicos

17/07/2025

Reigosa: “Temos nas nosas mans converter a Galicia nun referente”

Tras admitir que organizaron o evento “con moitísima ilusión” e que están “encantados” coa resposta dos institutos, “de feito tivemos que deixar fóra algún centro que quería participar”, Alonso subliñou que con esta actividade se busca “contribuír ao coñecemento do sector enerxético, entendendo por este todo o conxunto de actividades que van desde a xeración ata consumo de enerxía térmica e eléctrica, prestando especial atención ao feito de pór en valor a importancia que ten o sector enerxético na calidade da vida das persoas”, salientou a directora, ao tempo que lembrou que como centro público “temos a obriga de tratar de devolver á sociedade a confianza e os recursos que nos conceden”.

Pola súa banda, o reitor faloulles “de fe”, de fe no ensino público e, mais concretamente, no sistema universitario galego, que, ao seu modo de ver, está a facer as cousas ben dende hai moito tempo. “Temos nas nosas mans converter a Galicia nun referente, nacional e internacional, de como se fan ben as cousas. Eu vexo aquí moito talento xunto, talento que ten que agromar e que agardo que o faga nas nosas aulas, ou noutras do SUG. En todo caso, dun ou doutro xeito, Galicia vaivos precisar a todos”, subliñoulles o reitor, quen se amosou convencido de que o esforzo que fixo a comunidade galega para ter un sistema universitario público e de calidade, “que se pode comparar con calquera do mundo”, vai a permitir que “gañemos ese futuro”. Nesta liña, o reitor pediulles as mozas e mozos participantes que utilicen todo o seu talento, que elixan ben as súas titulacións e que lle dean a Galicia “o mellor para o seu futuro”.

Probas ao longo de todo o día espalladas por toda a escola

Tras a inauguración arrancaron as probas, tanto individuais (test teórico) como por equipos, algunhas obrigatorias e outras optativas. Houbo actividades ao longo de todo o día en todos os recunchos da escola, mentres uns facían as probas obrigatorias os demais participaron en talleres alternativos organizados desde a escola e así, alternativamente.

Unha das probas nas que participaron máis equipos foi a de divulgación científica, na que cada un dos equipos tiña que explicar a un público non especializado -compañeiros e compañeiras doutros institutos- un concepto relacionado co sector enerxético, para o que podían empregar todos os materiais e recursos desenvoltos ao largo dos últimos meses nos seus institutos. “No noso caso o que fixemos foi montar un prototipo de aeroxenerador, moito máis simple ca un real, evidentemente, pero moi ilustrativo”, explicaba intres antes de arrancar a presentación un alumno do IES Lagoa de Antela, de Xinzo da Limia, disposto a convencer ao xurado das bondades deste traballo.

Outros institutos optaron pola proba Kit Arduino, consistente na automatización e programación dun sistema de placa solar fotovoltaica; outros pola denominada Fake News, na que traballaron con notas de prensa sobre o sector enerxético, e outros por un debate no que tiveron que resolver un problema relativo á elección da tecnoloxía de renovables para un caso específico.

A maiores de todas estas probas, a escola converteuse tamén en sede da exposición Mulleres Enerxéticas, na que se recollen pósters explicativos elaborados desde os diferentes institutos de múltiples mulleres que contribuíron ou contribúen pola súa actividade profesional ao sector enerxético.

Entrega de premios pola tarde

Todo o alumnado participante nesta I Olimpíada da Enerxía recibirá medalla e diploma de participación, así como un pequeno agasallo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. A maiores repartiranse múltiples premios. Para cada unha das seis probas entregaranse tres premios (primeiro, segundo e terceiro), e haberá tamén galardóns para os centros educativos, primeiro e segundo premio a cada categoría -centros de ESO e bacharelato e centros de Ciclos Superiores de Formación Profesional-. Serán 400 euros para os primeiros premios e 200 para os segundos, concedidos ambos polo Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del NO. A maiores, concederase tamén un premio Naturgy Renovables, concedido por esta firma aos primeiros centros clasificados e que consiste nunha visita a unha instalación de renovables deste grupo. Entregaranse tamén os Premios Enerxéticas, primeiro e segundo premio para as alumnas mellor clasificadas.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Música

Una de las "mejores puestas en escena del indie-pop actual" se sumará al Galicia Fest de Vigo

...

PorUxía Pérez
19/07/2025
Qué hacer

Fuegos de Bouzas, verbeneo, gastronomía y mucha música para un finde de diez en Vigo y área

...

PorShelly Villaverde
18/07/2025
Fiestas

Las fiestas de San Roque de Vigo desvelan un programa top con David Civera como bombazo

...

PorIván Dacal
18/07/2025
Fotos: Municipio de Monçao
Qué hacer

Monçao se prepara para la fiesta gastronómica de una de las "siete maravillas dulces de Portugal"

...

PorIván Dacal
18/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X