Xabier Díaz volve ao Intercéltico do Morrazo para repetir "un dos concertos máis bonitos" da súa vida

Publicidad

A participación de Xabier Díaz no Intercéltico de Moaña foi inesquecible. Un xoves, 27 de xullo, ninguén anticipaba a chuvieira que caeu sobre o paseo marítimo do concello morrancese e que inhabilitou o equipo de son por completo. Porén, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre saíron e arrasaron. Un público empapado, pero decidido a vibrar co folk a viva voz do artista galego. Fai unhas semanas, o propio Díaz en conversa con Metropolitano.gal lembraba es “unpluged de 35 minutos improvisado” como algo “tan marabilloso que sempre o recordarei como un dos concertos máis bonitos da miña carreira. Agora, a o Concello de Moaña decide darlle unha segunda oportunidade para revivir ese momento histórico.


Ler entrevista completa na que Díaz fala do seu concerto en Moaña


Xabier Díaz estará no Intercéltico do Morrazo 2018. O músico coruñés presentará en Moaña xunto as Adufeiras o seu último traballo discográfico, Noró –algunhas músicas do norte- para que a comunión co público moañés continúe.

Díaz formou parte de Berrogüetto até a súa disolución en 2014 e colabora habitualmente en discos e concertos de artistas como Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera ou Guadi Galego.

Neste novo disco, segunda entrega do traballo iniciado con “The Tambourine man” continúase coa senda da música tradicional do norte peninsular, non soamente galega senón tamén zamorana ou leonesa.

Este é a segunda confirmación do festival que terá lugar entre o 26 e o 28 de xullo. A primeira foi o gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño, cabeza de cartel da segunda xornada do Intercéltico, o sábado, 27 de xullo. O seu concerto escaravellará na memoria dos asistentes para volver ao seu primeiro disco, Paralaia, un clásico na música folclórica galega.

Salir de la versión móvil