O cantante e bailador Xisco Feijoó presentará a semana que vén en directo, en Galicia, o seu primeiro traballo discográfico, Peixe. Serán tres as citas nas que se poida gozar, ao vivo, dun álbum e espectáculo que achega unha visión contemporánea sobre a música de creación colectiva. Vigo, as Festas da Peregrina de Pontevedra e o Festival Intercéltico de Moaña serán as tres primeiras paradas desta xira, que augura alegría, orgullo e contemporaneidade.
Con Peixe, Xisco Feijoó pretende achegar, desde a súa óptica particular, unha visión atrevida, moderna e contemporánea sobre a música de creación colectiva galega. O disco, composto por dez temas, pon en valor o papel da cantiga tradicional, da que o artista salienta a súa identidade e significado propio, e sobre as que que fía un relato de historias con tintes autobiográficos e conectadas por un eixo común: a diversidade humana. “Peixe fala de sentimentos, de sensacións, de querencias e de desexos. Fala de todo o que queremos ser e non somos quen. E do que somos e non desexamos. Fala da aceptación, de deixar atrás a resignación, e de entender que, entre nós, non hai gaiolas nin peixeiras que nos pechen. Peixe somos cada un de nós, únicos e irrepetibles”, sinala Xisco Feijoó.
O primeiro concerto terá lugar en Vigo o próximo luns, 26 de xullo. A cita será na parroquia de Beade, na Igrexa de San Estevo, e comezará ás 21.00 horas. Tres días despois, o xoves 29, o cantante e bailador actuará na Praza da Ferrería (22.00 horas), en Pontevedra, no marco dunha nova edición das Festas da Peregrina. E a terceira cita da semana que vén porá o broche dourado a esta quenda de presentacións: Xisco Feijoó actuará o 31 de xullo, ás 22.30 horas, no XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo, en Moaña.
Son moitas as vertentes que conflúen neste creador excepcional. Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, vocalista, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu son as máis destacadas faces dun artista total, traballador tenaz a prol do canto e do baile tradicional. Mais en todas elas, Xisco Feijoó é quen de deixar a súa pegada: a esencia máis fonda da música de creación colectiva, a partir da experiencia e a investigación, pero dende unha óptica moderna e renovadora.
Logo dun incesante labor de recuperación etnográfico polas aldeas galegas ao longo de máis de trinta anos, e de colaborar en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de raíz con proxección internacional (como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Berrogüetto, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní, entre outros), Xisco Feijoó presenta o seu primeiro traballo discográfico, unha creación que bebe do máis puro e ancestral para achegar a modernidade “alén das peixeiras”. Renovación e atrevemento definen un álbum que tamén rende homenaxe ás grandes conservadoras da tradición: as mulleres.
Os dous primeiros sinxelos que acompañan o disco son Peixe, unha peza que acompañou dun divertido e desenfadado videoclip, e Animal, un tema cuxo vídeo emprega imaxes da longa documental Lejos de los árboles, de Jacinto Esteva. O álbum, convertido nunha singular lata de conservas, pódese adquirir a través da web oficial (premer aquí). Tamén está dispoñible para escoita nas plataformas dixitais Spotify, Youtube ou Apple Music, entre outras.
Tomiño se prepara para una nueva edición del Minho Reggae Splash 2025. Estas son las fechas y los artistas confirmados por el festival
Coque Malla, Loquillo, Xoel López, Álvaro de Luna, Nil Moliner y Andrés Suárez son algunos de los cabezas de cartel del festival en Pontevedra
Covelo organiza un concurso gastronómico por las fiestas patronales. Busca la mejor tortilla, el mejor postre y las mejores croquetas
Vuelve una de las Festas da Empanada más top de Galicia, a menos de una hora de Vigo. Y este año lo hace como Fiesta de Interés Turístico Nacional
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL