A Universidade de Vigo arranca un ciclo de seis coloquios co gallo da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo. Deste xeito, este mesmo xoves, 19 de outubro, arranca o ciclo de conferencias “Os xoves do Vindel” coa conferencia titulada "Aproximación á configuración urbana de Vigo na época do Pergamiño Vindel”, a cargo do docente e investigador da UNED Anselmo López Carreira. Comezará ás 20:00 horas no edifico Cambón do Casco Vello de Vigo, situado na rúa Palma, 4.
Organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, trátase dunha iniciativa coordinada pola catedrática emérita Camiño Noia e na que participan os docentes e investigadores Bieito Arias, Xosé-Henrique Costas e Alexandre Rodríguez. Seis relatorios conforman o ciclo de conferencias dirixidas “no só ao alumnado universitario, senón ao alumnado e profesorado de bacharelato, e ao público en xeral, aos que recomendamos asistir ás conferencias porque nelas van recibir de primeira man- e dos mellores especialistas-, os contidos máis amenos e actualizados sobre cada un dos temas”, explica Xosé-Henrique Costas en relación con este ciclo, que considera “unha oportunidade única de mergullarse nunha riqueza cultural que ás veces pasaba inadvertida, e o Vindel é unha escusa perfecta para asollar na sociedade o pasado esplendoroso do Reino de Galicia”.
O día 2 de novembro o docente de Ensino Medio Xosé Xabier Ron Fernández falará sobre “Martin Codax: o nome. A onomástica da lírica trobadoresca”. Os relatorios continuarán o 16 de novembro coa intervención de Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade de Vigo, que ofrecerá un relatorio titulado “Prensa, sociedad gallega y Martin Codax. ¿Cómo divulgaron los periódicos la figura del trovador y sus cantigas?” e o 14 de decembro o musicólogo Paulo Gonçalves falará de “A música dos trobadores”.
A actividade regresará o 25 e xaneiro con “As cantigas de amigo no taboleiro da lírica medieval europea” a cargo da docente da Universidade de Santiago Pilar Lorenzo Gradín e finalizarán o 8 de febreiro co tamén docente da USC Ramón Mariño Paz que falará sobre Literatura en galego e mecenado na Idade Media. “Alén de magníficos investigadores, entre os conferenciantes convidados hai moi bos comunicadores: quen se sinta atraído por coñecer mellor unha época esplendorosa da nosa cultura, do noso pasado, non quedará defraudado”, asegura Alexandre Rodríguez.
A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio do edificio Cambón. Quen asista regularmente a este ciclo, en cuxa organización participan ademais da Universidade de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, que cede o espazo, recibirá un certificado acreditativo, para que previamente deberá inscribirse no enderezo electrónico [email protected]
El Mercado de Navidad de Artesanía Alimentaria llega este viernes a Vigo. Estas son las actividades y sorteos que ofrece hasta el domingo
Vialia Vigo se prepara para acoger talentos de toda España en su Barber Battle. Una competición que promete ser todo un espectáculo
¿Crees que haces la mejor tarta casera? Ponteareas acoge una nueva edición del concurso gastronómico que busca el mejor dulce
El Concello ha abierto el plazo para que los comerciantes y artesanos se anoten al Mercado de Navidad de Gondomar. ¡Consulta aquí las fechas!
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL