Isabel Naveira: “Vin o último capítulo de Fariña; é un proxecto para enmarcar”

Felicidade e emoción son, posiblemente, a mellor forma de definir o estado de ánimo de Isabel Naveira (A Coruña, 1975). A actriz galega atravesa un momento doce. Consolidouse tras participar en proxectos de éxito como “Mareas Vivas”, “Matalobos” ou “O lapis do carpinteiro”. Agora é unha das responsables de que “Fariña” sexa a serie do ano da televisión nacional co seu papel de Pilar Charlín, “Charlina”. As anécdotas, as súas sensacións, a súa intuición antes de coñecer que daría vida á filla de Manuel Charlín ou a súa opinión tras ser unha das privilexiadas que poido ver o último capítulo da producción de Bambú Producciones a podes ver nesta entrevista que concedeu a Metropolitano.gal tras participar na presentación do Festival de Cans.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*