“Ai Galicia, a miña segunda casa”. O idilio do pianista británico James Rhodes (1975) con Galicia, lonxe de esmorecer, fortalecese co paso do tempo. No músico son habituais as declaracións de amor con Galicia e, como non, este ano quixo lembrarse novamente das súas xentes co gallo do Día das Letras Galegas.
Primeiro cun chío con parte do himno galego e despois cun vídeo no que saúda á Galicia e aos galegos para desexar un “feliz día das letras”, o pianista logrou xa máis de 750 likes en Twitter, rede na que é moi activo, e máis de 12.000 reproducións.
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 17 de maio de 2019
Precisamente Rhodes volverá á contorna de Vigo este próximo domingo, 19 de maio, cun concerto no Ciclo Voces de Pontevedra para o que xa se esgotaron todas as entradas no Pazo da Cultura da cidade do Lérez.
Fai un ano, no verán de 2018, o excepcional pianista declarou o seu amor por Vigo a través das súas redes. “Non podo crer cantos sorrisos vin hoxe en Vigo”, compartiu daquela para engadir: “encántame estar aquí e quería dicilo”.
Con seis discos publicados, o músico británico converteuse en poucos anos nun auténtico éxito de masas co seu singular xeito de transmitir a música clásica a todos os públicos, rexeitando o tradicional concepto elitista dirixido a un público concreto.
En Rhodes todo é diferente. Un músico clásico atípico, cun look máis propio dun indie que de alguén que interpreta a música de Johann Sebastian Bach, un dos seus compositores de referencia. Pero tamén pola súa transparencia psicolóxica.
En 2015, publicou o seu libro “Instrumental, memorias de música, medicina e loucura”, co que se converteu nun éxito de ventas e no que a xeito de liberación conta como aos cinco anos abusaron sexualmente del, algo que o levou a varios intentos de suicidio, adiccións e a estar nun psiquiátrico. Unha espiral da que fuxiu como el mesmo manifesta grazas á música clásica. “Bach salvoume a vida”, asegura.
En el registro a la vivienda de uno de los detenidos en Praza de Portugal, el individuo lanzó por la ventana la heroína
Parte de los bolsos falsificados ya tenían los logotipos de las marcas pegados o cosidos. La mercancía tenía como destino Portugal
El hombre, que tuvo que ser liberado tras caerle la pared encima en As Neves, tuvo que recibir asistencia médica
El Sergas señala la dificultad para cubrir las bajas de dos de los cinco facultativos titulares del centro de salud de Salvaterra
Impulsáronse proxectos punteiros como o VQCC ou a futura fábrica de semicondutores SPARC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL