O vídeo viral que amosa a beleza de Moaña a vista de paxaro

Achegar a Moaña de hoxe aos veciños e veciñas que tiveron que abandonar a súa terra pola emigración pero tamén amosar a súa beleza a turistas. Con este obxectivo, Miguel Iglesias, veciño afeccionado á fotografía e ao vídeo, decidiu gravar diferentes escenas e paisaxes do municipio do Morrazo nun vídeo publicado en redes sociais que acumula xa milleiros de reproducións e que foi compartido centos de veces.

Coa música do gaiteiro tamén moañés Anxo Lorenzo, e voz de Coral Ríos para interpretar un poema de Luis Chapela, a montaxe final lévanos a vista de paxaro á Moaña mariñeira, máis tamén a rural, a das néboas e a dos ceos azuis, nun proxecto colaborativo e sen ánimo de lucro co único obxectivo de promocionar o municipio.

Nos cinco minutos de duración, pódese observar dende o complexo de ocio de O Beque ao Río da Fraga pasando polas áreas rurais, o barrio de San Martiño, Os Remedios, o paseo marítimo, o Monte Faro, o Porto da Pasaxe, A Fraga, Pozonegro, San Bartolomeu, A Borna, O Con ou Meira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*