• Casa extraña
  • Nuevo hotel Vigo
  • Spa en Vigo
  • Festival acuático
  • Liquidación Vigo
  • Celta en Europa
  • Restaurante Baiona
  • Uber en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Dhogs e as outras dez 'pelis' que poderás ver no Primavera do Cine

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/04/2018

A sétima edición do Primavera do Cine en Vigo avanza as once películas que compoñen a sección oficial de longametraxes que se poderán ver do 8 ó 13 de maio nas diferentes sedes do festival: o Auditorio do Concello, o Instituto Camões, os Multicines Norte e a Sala Ingrávida (en Porriño).

As obras seleccionadas abordan temas tan diversos como a dura loita dos refuxiados afgáns por cruzar a fronteira de Hungría e fuxir do frío extremo de Serbia en Invierno en Europa, dirixida polo realizador Polo Menárguez; a Galicia máxica e misteriosa que se atopa no Courel en Trinta Lumes, de Diana Toucedo e que vén de exhibirse na Berlinale, ou a rebelión levada a cabo polos obreiros portugueses nunha fábrica a piques de desmantelarse en A fábrica de nada, de Pedro Pinho. Unha cinta que mestura con éxito xéneros tan dispares como o documental, a ciencia ficción ou o musical. Pedro Pinho conseguiu con este filme o premio á mellor obra europea no festival de Sevilla 2017 e sorprendeu o festival de Cannes, onde gañou o premio da Federación de Críticos e provocou sete minutos de aplausos.

Másnoticias

Un incendio calcina la terraza de un bar del Casco Vello de Vigo y afecta a varias viviendas

18/05/2025
Fotos: RC Celta

Ambientazo en Vigo para empezar a soñar con un Celta en Europa

18/05/2025

A sección oficial de longametraxes conta tamén con títulos destacados como a ópera prima de Andrés Goteira e gran triunfadora dos XVI premios Mestre Mateo, Dhogs, que levou nada menos que 13 galardóns, converténdose así na obra máis premiada da historia dos premios da Academia Galega do Audiovisual.

Miriam Albert-Sobrino e Sonia Albert-Sobrino (as AlsoSisters) competirán por levar o premio á mellor película coa súa delirante obra: A historia dun satélite, un filme que ten todos os ingredientes para sorprender e que abarca desde a comedia negra ó cinema de aventuras, a ciencia ficción e o cine bélico.

Somos plaga, de Xiana do Teixeiro e Emilio Fonseca, un documental que profundiza no significado e as implicacións que ten o término “plaga” proxectarase na Sala Ingrávida, en Porriño.

Así mesmo, Tódalas mulleres que coñezo, tamén de Xiana do Teixeiro, unha obra que reflexiona sobre o desequilibrio que existe entre homes e mulleres, poderase ver no certame.

Dentro do apartado de películas lusófonas o festival Primavera do Cine mostrará un total de seis obras, todas elas de gran calidade e que serven para mostrar a ampla variedade cinematográfica que existe tanto en Portugal como en Brasil.

Entre os títulos, destacan obras como Elis, un filme de Hugo Prata que só se estrenou en España no festival Iberoamericano de Huelva 2017, no Novocine, un festival organizado pola embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano-Brasileira e no festival de Málaga 2018. A obra de Hugo Prata retrata a Elis Regina, unha das cantantes máis queridas de Brasil e que se poderá ver no festival grazas á colaboración coa embaixada de Brasil en Madrid.

Doutra banda, o certame tamén mostrará Cartas da guerra, de Ivo Ferreira, que narra a dureza da guerra colonial portuguesa a través das cartas dun soldado á súa muller mentres está en Angola como alferez médico.

O resto de películas que conforman a sección oficial de longametraxes son O dedo na ferida, de Silvio Tendler, un documentalista brasileiro de renome que presenta un filme que fala do fin do estado de benestar e Aquarius “Doña Clara”, de Kleber Mendoça Filho, unha obra protagonizada pola gran Sonia Braga que narra a resistencia dunha muller de abandonar o seu fogar e que é, sen dúbida, un dos seus mellores papeis.

Finalmente, e como parte da retrospectiva de cine brasileiro, proxectarase fóra de concurso Cabra, marcado para morrer, de Eduardo Coutinho, un dos grandes referentes do Novo Cinema Brasileiro.

Sección oficial de longametraxes do Primavera do Cine

Obras galegas

Dhogs, Andrés Goteira

Invierno en Europa, Polo Menárguez

30 lumes, Diana Toucedo

Tódalas mulleres que coñezo, Xiana do Teixeiro

A historia dun satélite, AlsoSisters

Somos plaga, Xiana do Teixeiro e Emilio Fonseca

Obras lusófonas

Cartas da guerra, Ivo Ferreira

Elis, Hugo Prata

A fábrica de nada, Pedro Pinho

O dedo na ferida, Silvio Tendler

Aquarius “Doña Clara”, Kleber Mendoça Filho

Temas: CinefestivaisFestival Primavera do Cine de VigoFestival Primavera do Cine de Vigo 2018Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto generada por Inteligencia Artificial
Gafapasta

El festival de series que llega a Vigo y permitirá ver gratis éxitos de Netflix, Prime Video y Movistar

Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series

PorMiguel Alonso
13/05/2025
Enfoque

Las bandas de Vigo podrán grabar sus propios temas gratis con esta iniciativa

Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse

PorGabriel González
26/04/2025
Enfoque

El talento vigués de Fon Cortizo triunfa en Moscú con el premio al mejor cortometraje

"Abellón" se hizo este jueves con el Premio al Mejor Corto en el Festival Internacional de Cine de Moscú entre los 12 seleccionados

PorÁngel Vila
25/04/2025
Gafapasta

Fechas y horarios para ver en Vigo las películas galardonadas en los Premios Oscar 2025

Todavía tienes varias oportunidades para disfrutar en Vigo de las películas ganadoras de las principales categorías de los Oscar

PorMetropolitano
04/03/2025
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

16mayTodo el díaFIESTA DE LOS CALLOS EN TEISFIESTA | TEIS

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X