Primeiro foi o cartel, logo as curtas e, agora, é o turno da presentación oficial. Os frikis galegos xa contan as horas para gozar dunha nova edición do Galicia Freaky Film Festival. A Asociación Cultural Reencanto Produccións, organizadora do evento, deu a coñecer as novidades do festival máis gamberro de Galicia.
Unha das grandes particularidades do Galician Freaky Film Festival é que contará con cervexa propia. Os mestres de Cervexería Nos serán os encargados de deseñar esta bebida que levará a marca do evento de Reencanto Producións, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de outubro na Sala Videodrome do Urban Market Progreso 41. Ademais, a firma Adegas Terrae tamén levará ao evento o seu viño "Serie B".
É do teu interese: As 38 curtas que poderás ver no Galician Freaky Film Festival
Máis aló da gastronomía, o Galician Freaky Film Festival contará cunha zona gaming con dúas recreativas para que os frikis dos videoxogos podan "viaxar ata a década dos 80" para volver xogar ás máquinas recreativas que marcaron a toda unha xeración.
Por otro lado, o Galician Freaky Film Festival sinalou que unha das grandes novidades desta edición será que o público valorará as curtas a través dun aplausómetro que dirimirá cal é a mellor obra do evento. As 38 curtas -todas van a concurso agás "Kung Fury"- estarán divididas en diferentes bloques temáticos: humor, Typical Spanish, ciencia ficción, terror, frikismo galego e obras internacionais.
O festival que organiza Reencanto Produccións permitirá tamén gozar do frikismo coa exposición de "Horror Art" de Josef Méndez e cos concertos de Joao Tomba (xoves 25 ás 21:00 horas) e Alfeizar (sábado 26 ás 23:00 horas). Neste senso, o DJ Home Elefante, que estivo este xoves na presentación oficial do festival, avanzou que "pinchará" música de todo tipo para pechar a xornada do venres.
Para facilitarlle ao estudantado a preparación dos exames as bibliotecas centrais da UVigo amplían o seu horario dende este sábado día 27
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL