• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Contacontos, obradoiros e roteiros literarios para celebrar o Día do Libro en Nigrán

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
19/04/2023

O Concello de Nigrán celebrará este ano o Día do Libro cunha gran xornada festiva durante todo o domingo 23 de Abril na Praza do Concello. O lugar será a sede dunha feira ao respecto e dunha serie de actividades deseñadas para incentivar a lectura e dirixidas a todos os públicos, co falecido Domingo Villar como autor destacado e especial protagonismo dos autores da comarca e das dúas librerías do municipio: Paraísos de Papel e Piño.

“Este ano o ‘Día do Libro’ cae en domingo, polo que decidimos organizar unha feira de carácter eminentemente local e cunha ampla programación entorno a ela”, explica o alcalde, Juan González. Así, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:30 horas ‘Paraísos de Papel’ e ‘Piño’, disporán de cadanseu stand de venda acompañados tamén do trío artístico-literario ‘Solaina’, autoras de diferentes libros infantís con raíz no Miñor, e de ‘Papelier’, papelería artesana de Baiona. Igualmente, o Concello disporá de deceas de libros de regalo para que os interesados elixan o que desexen levarse.

Másnoticias

¿Qué hacer en Vigo y el resto de la provincia? Estos son los planazos para vivir un finde inolvidable

09/05/2025
Foto: Concello de Baiona

Baiona acoge la gran fiesta de las villas marineras con varias actuaciones musicales

09/05/2025

Pensando no público infantil, ás 11:00 horas Papelier ofrecerá o contacontos en inglés "Penelope the pilgrim, lost in Nigrán" coa tradutora e intérprete inglesa afincada en Nigrán Tonya Walton tomando a palabra e os responsables de ‘Papelier’ debuxando ao mesmo tempo para facelo máis comprensible. Os mesmos ofrecerán ás 12:00 horas un obradoiro con inscrición previa no formulario da páxina web do Concello de Nigrán e baixo o título ‘Crea o teu libro pop-up’, nome que levan os exemplares con elementos tridimensionais, móbiles ou despregables que permiten a interacción física entre o lector e o libro, polo que é habitual na literatura infantil.

Os escritores da comarca terán especial relevancia na feira coa firma de exemplares. Así, no stand de Paraísos de papel estará ás 11:00 horas Héctor Riobó, ás 12:00 horas Elvira Jardón e Luis Boullosa e ás 17:00 horas, Fran Fernández Dávila. Pola súa banda, a Librería Piño ofrecerá ás 11:30 horas a Nuria Fernández Fariñas, ás 18:00 horas a Santiago Ferragud e ás 18:30 horas a Teresa Chamorro. Igualmente, ás 17:00 horas intervirá Carla Pérez, xefa da Brigada Forestal Municipal de Nigrán, e quen aportará súa experiencia recollida no libro ‘Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais’, de Proxecto Batefogo.

Domingo Villar será outro gran protagonista desta feira co roteiro literario ‘A Praia dos Afogados’, saída ás 10:00 horas da Praia da Madorra e inscrición previa enviando un correo a oficinaturismo@nigran.org achegando datos dos participantes, e ás 20:00 horas coa proxección da película homónima coa presentación e charla posterior a cargo de Pepo Suevos, un dos actores no filme. "Tivemos a sorte de que Nigrán sexa o escenario principal desta obra que vive actualmente un rexurdir; Domingo Villar é o noso mellor embaixador literario", recoñece o rexedor, quen desexa deste xeito “manter viva a memoria de Domingo”, falecido o ano pasado. O roteiro, desde o punto de vista paisaxístico, resulta espectacular porque recompila algúns dos lugares máis fermosos de Nigrán e que tan ben describe na novela, como poden ser Monteferro, Praia da Madorra, Praia América, Panxón, o Templo Votivo, entre outros. Por iso esta andaina está plasmada nun folleto turístico específico que elaborou o Concello este ano e que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas. Pola súa banda, a película de 2015 de Gerardo Herrero recolle tamén imaxes espectaculares destas zonas.

Xa o luns 24 de Abril, o Concello abrirá o programa de animación á lectura ‘Ler Conta Moito’ co contacontos de Raquel Queizás ‘Chimpo de ra’ ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal. Estes contacontos iranse celebrando ata o mes de outubro.

Programación

Temas: Domingo VillarNigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Qué hacer

Las citas rápidas para conocer gente nueva vuelven este mes a Vigo

El centro de Vigo acoge este mes de mayo una nueva edición del "Speed Dating" de Sit&Meet Galicia. Descubre aquí cómo apuntarte

PorIván Dacal
10/05/2025
Qué hacer

Llega el bucólico tren turístico de las Ribeira Sacra, con viaje en barco y parada en una bodega

Esta ruta tiene una conexión desde Vigo con Ourense en tren para poder hacer la ruta. Incluye viaje en catamarán y las visitas guiadas

PorIván Dacal
10/05/2025
TURISMO DE GALICIA
Qué hacer

Abren las inscripciones para conocer las Brañas de Xestoso, un paraíso interior en Pontevedra

El programa Voando nas Rías Baixas visitará el 25 de mayo este espacio natural. Las inscripciones abren este lunes, 12 de mayo

PorÁngel Vila
10/05/2025
JAVIER VÁZQUEZ
Fiestas

Redondela se entrega al choco y se cita con "la repunante" Virtudes de Galiñanes y El Combo

Redondela llega a su día grande de la Festa do Choco. Este sábado, cientos de personas pasaron por la carpa degustación

PorPaula Carballo
10/05/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X