• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Contacontos, obradoiros e roteiros literarios para celebrar o Día do Libro en Nigrán

Nigrán triunfa con la ruta literaria que recrea los pasos de Domingo Villar en 'A praia dos afogados'
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
19/04/2023

O Concello de Nigrán celebrará este ano o Día do Libro cunha gran xornada festiva durante todo o domingo 23 de Abril na Praza do Concello. O lugar será a sede dunha feira ao respecto e dunha serie de actividades deseñadas para incentivar a lectura e dirixidas a todos os públicos, co falecido Domingo Villar como autor destacado e especial protagonismo dos autores da comarca e das dúas librerías do municipio: Paraísos de Papel e Piño.

“Este ano o ‘Día do Libro’ cae en domingo, polo que decidimos organizar unha feira de carácter eminentemente local e cunha ampla programación entorno a ela”, explica o alcalde, Juan González. Así, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:30 horas ‘Paraísos de Papel’ e ‘Piño’, disporán de cadanseu stand de venda acompañados tamén do trío artístico-literario ‘Solaina’, autoras de diferentes libros infantís con raíz no Miñor, e de ‘Papelier’, papelería artesana de Baiona. Igualmente, o Concello disporá de deceas de libros de regalo para que os interesados elixan o que desexen levarse.

Másnoticias

Nigrán se prepara para un fin de semana lleno de teatro con varias representaciones

Nigrán se prepara para un fin de semana lleno de teatro con varias representaciones

04/06/2026
Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar

Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar

04/06/2026

Pensando no público infantil, ás 11:00 horas Papelier ofrecerá o contacontos en inglés "Penelope the pilgrim, lost in Nigrán" coa tradutora e intérprete inglesa afincada en Nigrán Tonya Walton tomando a palabra e os responsables de ‘Papelier’ debuxando ao mesmo tempo para facelo máis comprensible. Os mesmos ofrecerán ás 12:00 horas un obradoiro con inscrición previa no formulario da páxina web do Concello de Nigrán e baixo o título ‘Crea o teu libro pop-up’, nome que levan os exemplares con elementos tridimensionais, móbiles ou despregables que permiten a interacción física entre o lector e o libro, polo que é habitual na literatura infantil.

Os escritores da comarca terán especial relevancia na feira coa firma de exemplares. Así, no stand de Paraísos de papel estará ás 11:00 horas Héctor Riobó, ás 12:00 horas Elvira Jardón e Luis Boullosa e ás 17:00 horas, Fran Fernández Dávila. Pola súa banda, a Librería Piño ofrecerá ás 11:30 horas a Nuria Fernández Fariñas, ás 18:00 horas a Santiago Ferragud e ás 18:30 horas a Teresa Chamorro. Igualmente, ás 17:00 horas intervirá Carla Pérez, xefa da Brigada Forestal Municipal de Nigrán, e quen aportará súa experiencia recollida no libro ‘Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais’, de Proxecto Batefogo.

Domingo Villar será outro gran protagonista desta feira co roteiro literario ‘A Praia dos Afogados’, saída ás 10:00 horas da Praia da Madorra e inscrición previa enviando un correo a [email protected] achegando datos dos participantes, e ás 20:00 horas coa proxección da película homónima coa presentación e charla posterior a cargo de Pepo Suevos, un dos actores no filme. "Tivemos a sorte de que Nigrán sexa o escenario principal desta obra que vive actualmente un rexurdir; Domingo Villar é o noso mellor embaixador literario", recoñece o rexedor, quen desexa deste xeito “manter viva a memoria de Domingo”, falecido o ano pasado. O roteiro, desde o punto de vista paisaxístico, resulta espectacular porque recompila algúns dos lugares máis fermosos de Nigrán e que tan ben describe na novela, como poden ser Monteferro, Praia da Madorra, Praia América, Panxón, o Templo Votivo, entre outros. Por iso esta andaina está plasmada nun folleto turístico específico que elaborou o Concello este ano e que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas. Pola súa banda, a película de 2015 de Gerardo Herrero recolle tamén imaxes espectaculares destas zonas.

Xa o luns 24 de Abril, o Concello abrirá o programa de animación á lectura ‘Ler Conta Moito’ co contacontos de Raquel Queizás ‘Chimpo de ra’ ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal. Estes contacontos iranse celebrando ata o mes de outubro.

Programación

Temas: Domingo VillarNigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán se prepara para un fin de semana lleno de teatro con varias representaciones
Qué hacer

Nigrán se prepara para un fin de semana lleno de teatro con varias representaciones

El Auditorio Municipal de Nigrán acogerá varias representaciones teatrales este fin de semana. Estos son los horarios

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

PorPaula Carballo
04/06/2026
Vigo se llena de conciertos gratuitos en el chiringuito "con la mejor puesta de sol del mundo", nuevas fechas
Música

El chiringuito de Vigo "con la mejor puesta del sol del mundo" desvela sus nuevos conciertos

El Chiringuito Samil, que conquista al público con su propuesta musical, anuncia nuevos conciertos para la primera mitad de junio. ¡Estos!

PorIván Dacal
04/06/2026
Llega una gran fiesta histórica del norte de Portugal con mercado, espectáculos y grandes desfiles
Fiestas

Llega una gran fiesta histórica del norte de Portugal con mercado, espectáculos y grandes desfiles

El norte de Portugal se prepara para disfrutar de una nueva fiesta histórica. Llega la Vizela Romana, con espectáculos, mercado y música

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X