O goberno municipal, encabezado pola alcaldesa Digna Rivas e Concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan. Digna Rivas sinalaba que "a maioría dos habitantes do Concello falan en galego, mais só o 2% das lápidas ou placas colocadas nos cementerios están na nosa lingua", por este motivo, o Concello de Redondela animará cunha serie de iniciativas á utilización da lingua galega en lápidas e placas.
A placa foi colocada na entrada principal do Cemiterio do Viso, onde grazas á aportación do Párroco, Don Carlos, destaca de forma ben visible a lenda "O Barrio de Todos", un xeito de lembrar a unión da parroquia do Viso e para que chame a atención de cantas persoas acuden diariamente a este recinto a rendir homenaxe aos seus difuntos, na memoria das persoas que xacen ahí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu.
No acto oficial de apertura da placa no camposanto do Viso, Digna Rivas estivo acompañada polo párroco do Viso, Don Carlos, e por Xoxé González, que durante moitos anos foi o responsable da área de Normalización Lingüística de Redondela e que agora foi representando á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, e por suposto pola concelleira e concelleiros do equipo de Goberno Susana Couñago, Leonardo Cabaleiro e Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura .
O Goberno Municipal e os funcionarios de normalización lingüística fan un chamamento á ciudadanía a empregan con normalidade en tódolos ámbitos a lingua na que se manifiesta na intimidade familiar. "Compre que reaccionemos perante este feito anómalo e que mudemos vellos hábitos lingüísticos herdados que non son máis ca pouca autoestima polo propio, por aquilo que é patrimonio común de todos, o noso idioma. A lingua galega é o signo máis preclaro da nosa identidade. Este debe permanecer vivo nos ámbitos onde moura a memoria colectiva, sendo os cemiterios eses espazos singulares de recordo. Restaurar a memoria lingüística de Galicia é un obxectivo que debemos conseguir entre todos", explicou a alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística.
Este es el puente colgante más largo de toda Galicia y pronto volverá a estar disponible. Un planazo que no te puedes perder entre Pontevedra y A Coruña
Carlos Alberto García ha alcanzado una meta muy particular: convertirse en el peregrino "dual" número 10.000
Rechazan el túnel por ser "innecesario, duplicar infraestructuras y tener un elevado impacto territorial, ambiental y social"
La vicepresidenta provincial y líder de la oposición en Vigo, Luisa Sánchez, avanza una ambiciosa propuesta cultural para la ciudad
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL