O Concello de Moaña vén de certificar o atractivo do municipio no turismo activo. A última edición dos roteiros turísticos impulsados polo concello, “Descubre Moaña” na súa variante de verán, vén de esgotar todas as prazas dispoñibles en apenas uns días.
“Foi tal o éxito que as inscricións completáronse en dous días”, explica a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos. A programación de visitas, en colaboración coa Illa dos Ratos, contaba este verán con nove citas en seis variantes diferentes. Dous delas eran novidade. É o caso da visita ao Sendeiro de Rialdarca e a ruta literario “O último barco”, que segue os escenarios do libro de Domingo Villar.
Ante o éxito dunhas visitas que permiten á veciñanza coñecer o municipio, pero tamén atraen a visitantes que despois quedan nos restaurantes da zona. Esa e unha das causas polas que se organizan. O Concello estuda agora a opción de poñer en marcha unha novidosa variante nocturna. A idea e incrementar as opcións nunha versión de noite que tería que ser en rutas que o permitan, como a de Moaña Mariñeira. Esta opción permitirá descubrir o municipio morrancese dende unha nova perspectiva nas calorosas noites de verán.
O programa “Descubre Moaña” adaptouse este período estival á nova normalidade reducindo o número de persoas asistentes e extremando as medidas de seguridade. Ademais, a máscara é obrigatoria e ao inicio de cada visita impártese unha charla de seguridade.
Aínda que algunhas das citas promovidas polas asociacións veciñais e culturais do municipio foron canceladas, como é o caso do Festival Morrasound, a Festa do Mexillón ou a nova Festa do Marisco, o Goberno municipal mantén o seu compromiso de manter os eventos programados.
Seguindo a iniciativa do sector cultural galego #NonNosCanceles, a Concellería de Turismo e Promoción Económica busca xa datas para a FeiraEcoArtesá, que podería celebrarse mesmo en xullo, namentres que a Festa da Diversidade terá lugar 0 26 de setembro e Moaña Antiqua virará cara o pasado na primeira fin de semana de outubro. Asemade, traballase xa na programación do programa Días de Mar, da Feira do Mel, o Festival de Jazz ou a Festa de Bronlle. “Mantendo estas citas, queremos protexer o texido cultural e a hostelería local”, explica a concelleira, Coral Ríos.
El centro de Vigo acoge este mes de mayo una nueva edición del "Speed Dating" de Sit&Meet Galicia. Descubre aquí cómo apuntarte
Esta ruta tiene una conexión desde Vigo con Ourense en tren para poder hacer la ruta. Incluye viaje en catamarán y las visitas guiadas
El programa Voando nas Rías Baixas visitará el 25 de mayo este espacio natural. Las inscripciones abren este lunes, 12 de mayo
Redondela llega a su día grande de la Festa do Choco. Este sábado, cientos de personas pasaron por la carpa degustación
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL