• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

O Sinsal volta a San Simón na súa edición máis comprometida co feminismo e a sostibilidade

Festival Sinsal 2019 // Olalla Lojo

Festival Sinsal 2019 // Olalla Lojo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Patricia OrozcoPorPatricia Orozco
22/07/2021

Este venres comeza a nova edición de Sinsal SON Estrella Galicia. A illa de San Simón, en Redondela, acollerá desde este venres 23, e até o vindeiro domingo 25, a celebración dun festival único e singular no marco do panorama musical estatal. Tres xornadas de música ao vivo, un cartel secreto, unha illa e unha viaxe en barco son os elementos clave dunha programación que este ano regresa a súa esencia cunha edición nomeada Esencial, coa que quere poñer de novo en valor a estreita relación entre a creación cultural do país e a súa contorna natural e patrimonial. Nesta edición continúa a aposta e reivindicación do papel da muller na industria da música, tanto sobre o escenario coma nos seus equipos de traballo, e en consecuencia o 70% das bandas do seu cartel secreto -conformado por un total de 14 grupos de Galicia, Portugal, España e Estados Unidos- están lideradas por mulleres ou contan na súa totalidade con integrantes femininas.

Este venres día 23 o público partirá da Estación Marítima de Vigo ás 16.00 horas e do embarcadoiro de Meirande ás 17.10 horas para percorrer a Ría de Vigo e chegar a unha illa na que cada xornada se celebrarán catro concertos, ademais dunha conversa, "Localizar e deslocalizar. Conversas internacionais sobre igualdade, patrimonio e cambio climático", que pretende avanzar no debate sobre o futuro sostible dos festivais e da industria musical. Ademais haberá unha sesión de DJ para animar a despedida. Durante a tarde, as persoas asistentes poderán visitar e coñecer de perto a memoria e a natureza que se atopa no arquipélago conformado por San Simón e San Antón. Malia que esta estrutura é compartida nas dúas primeiras xornadas, no caso do día 25 a programación adiantarase dúas horas, comezando así ás 14.00 horas para o público de Vigo e ás 15.15 horas no caso do pantalán de Meirande.

Másnoticias

JAVIER VÁZQUEZ

Redondela se entrega al choco y se cita con "la repunante" Virtudes de Galiñanes y El Combo

10/05/2025

El "oro negro" de la Ría ya se degusta en la Festa do Choco de Redondela, estos son todos los precios

09/05/2025

Sumado aos debates e conversas sobre o futuro da industria, outra novidade desta edición será un paseo en catamarán pola enseada de San Simón cun concerto semiacústico o sábado 24. Durante o percorrido -o barco partirá ás 12.00 horas de San Adrián de Cobres-, un artista secreto galego presentará en primicia o seu novo disco. Tamén unha nova aposta será a existencia dun escensario virtual, que súmase aos dous xa existentes, FEST Galicia e SON Estrella Galicia. Fest Galicia acollerá, desde o inicio da tarde, directos de artistas galegos de creación contemporánea. De seguido, os concertos trasladaranse ao outro escenario no que, ademais de bandas galegas, tamén haberá ocasión para descubrir grupos procedentes doutros puntos da península ibérica ou mesmo internacionais.

Mais esta non será a única estrea no festival. A cineasta redondelá Diana Toucedo amosará  no Sinsal SON Estrella Galicia, en exclusiva, as primeiras imaxes do seu próximo traballo. Tatuado nos ollos levamos o pouso é unha curtametraxe documental filmada en 16mm e dixital coas mariscadoras e mariñeiros da Confraría San Xoán de Redondela, cuxa rodaxe tivo lugar durante a pasada edición do Sinsal Litoral. A través dunha ollada que se achega a etnografía sensorial, a cineasta busca amosar a través dos xestos e dos coidados, o traballo das mulleres e homes do mar na ría de Vigo.

Na liña de outros anos, Sinsal manterá o seu compromiso co territorio de xerar un impacto económico positivo e colaborará con produtores, empresas e produtos locais. Así, e durante o desenvolvemento do festival, o público poderá probar a gastronomía de proximidade. Os tres días o festival contará co servizo e menús variados de 78Gastrobar, Galetruck e EcoGloria.

Sinsal SON Estrella Galicia é un festival impulsado por Sinsalaudio e que conta co patrocinio de Estrella Galicia, da Deputación de Pontevedra, de Turismo Rías Baixas e da Xunta de Galicia a través do programa FEST Galicia, no marco do Xacobeo 21-22. Todas as institucións públicas amosaron esta mañá, nun encontro que tivo lugar no porto de Cesantes, o seu apoio á iniciativa.

 

Temas: Festival SinSalIlla de San SimónRedondelaSinSal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Qué hacer

Las citas rápidas para conocer gente nueva vuelven este mes a Vigo

El centro de Vigo acoge este mes de mayo una nueva edición del "Speed Dating" de Sit&Meet Galicia. Descubre aquí cómo apuntarte

PorIván Dacal
10/05/2025
Qué hacer

Llega el bucólico tren turístico de las Ribeira Sacra, con viaje en barco y parada en una bodega

Esta ruta tiene una conexión desde Vigo con Ourense en tren para poder hacer la ruta. Incluye viaje en catamarán y las visitas guiadas

PorIván Dacal
10/05/2025
TURISMO DE GALICIA
Qué hacer

Abren las inscripciones para conocer las Brañas de Xestoso, un paraíso interior en Pontevedra

El programa Voando nas Rías Baixas visitará el 25 de mayo este espacio natural. Las inscripciones abren este lunes, 12 de mayo

PorÁngel Vila
10/05/2025
JAVIER VÁZQUEZ
Fiestas

Redondela se entrega al choco y se cita con "la repunante" Virtudes de Galiñanes y El Combo

Redondela llega a su día grande de la Festa do Choco. Este sábado, cientos de personas pasaron por la carpa degustación

PorPaula Carballo
10/05/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may12:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X